
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
OS NÁUFRAGOS TEATRO: NOSO
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: ADULTO
Duración do espectaculo: 75min
Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA
Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net
Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Noso/
Sinopsis da compañia :
Os Náufragos Teatro é unha compañía de teatro galega creada polo actor e dramaturgo Gustavo del Río. A súa produción teatral vertébrase arredor de dous grandes eixos fundamentais, a achega ao público de temáticas sociais e a procura de novas linguaxes narrativas. A diversidade é unha das preocupacións clave desta compañía que aposta por montaxes para o público adulto e para o público familiar. Os Náufragos Teatro foi galardoado co premio María Casares ao mellor espectáculo infantil por Hugo, unha peza sobre a empatía e o valor da diferenza que fala do trastorno do espectro autista (TEA) e que está a xirar por Galicia e o resto do Estado. A compañía foi ademais finalistas nos Premios Florencio 2022, os galardóns que outorga a Asociación de Críticos Teatrais de Uruguai, na categoría de mellor peza estranxeira por Karelu, unha peza que aborda o maltrato infantil. En xaneiro de 2022 a peza estivo programada no Espacio Teatro de Montevideo co apoio dos Fondo Xacobeo 21-22. En 2024, Os Náufragos Teatro estrea a súa nova produción para adultos NOSO, unha peza ambientada nas mobilizacións do rural contra os parques eólicos e Bulebule, unha fermosa obra para público familiar que explora os camiños da diversidade e a igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións. Os Os Náufragos Teatro é unha das compañías galegas con maior proxección nacional e internacional.
Sinopsis do espectaculo:
Nicolás reúne a súa familia para despedir o espazo que os viu crecer: a casa familiar cun vello ultramarinos bar que rexentaban seus pais e onde agora vive con María, a súa parella. A expropiación do lugar por causa da construción dun parque eólico é o motivo da xuntanza. As lembranzas do pasado, as relacións entres irmáns e a necesidade de mirar cara ao futuro fan da nova produción de Os Náufragos Teatro en colaboración coa AGADIC unha dramedia familiar que fala do noso desde o rural deshabitado e mobilizado contra os parques eólicos.
Caché con IVE : 5230.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 5500.0 €