#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TANXARINA: TERRITÓRIOS DE LIBERDADE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: 16+

  • Duración do espectaculo: 75min

  • Persoa representante : TANXARINA

  • Datos de contacto : 610 442 602 - tanxarina@tanxarina.es

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1PlF5j9a__Z8DEwIFQTKsCIldsGwKqdzN/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil . Dende entón converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego tanto dentro como fora de Galicia. Adícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar; onde se combinan diversas técnicas de animación de monecos có traballo actoral dos propios manipuladores. Marionetas de fíos, títeres de luva, de variñas, sombras chinas , bunrakus e outros gañan así en forza expresiva e comicidade. Esa relación escénica entre títeres e actores vén sendo unha das señas de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    TERRITORIOS DE LIBERDADE é un espectáculo coproducido polas compañías Certa de Varazim Teatro, Centro Dramático Galego e Tanxarina para celebrar o 50 Aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal (25 de abril de 1974). Con autoría de Zé Paredes e dirección de Quico Cadaval narra a longa viaxe de Portugal cara a súa liberdade. Loitas, fracasos e sacrificios constituen o eixo principal desta peza teatral na que dous canteiros galegos transitan por lugares e episodios da historia de Portugal guiados por unha acompañante inesperada: A LIBERDADE. Os irmáns galegos queren facer un monumento coas súas artes de canteiro, mais, na marcha da viaxe, descobren que tal vez non sexa a pedra a materia da que está feita a liberdade. Terán que esculpir algunha materia máis sutil, aquela que mora no peito dos homes e as mulleres que loitaron pola LIBERDADE.

  • Caché con IVE : 4356.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4356.0 €

  • Técnica