#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ÍTACA TEATRO: FORMIGAS NO PETO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: MOZO E ADULTO

  • Duración do espectaculo: 80 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 670 875 211 - delirioaduoteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.itacateatro.com/formigas-no-peto/

  • Sinopsis da compañia :

    ÍTACA TEATRO presentouse como compañía independente coa montaxe “Cinco Minutos sen respirar”, dirixida por Carlos Neira. Esta proposta é unha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, coa que percorreron as catro provincias galegas e chegaron a poñela en escena tamén fora de Galicia. Co segundo traballo “Anacos”, acadan críticas como a seguinte: “O seu espectáculo foi un monólogo fluído e case todo moi intimista que engancha ó espectador dende o primeiro momento.” A versión en castelán foi seleccionada polo Seminario de Literatura Infantil y Juvenil de Guadalajara, para formar parte do XXXI Maratón de los Cuentos de Guadalajara e tamén estivo presente na Feria del Libro de Buenos Aires 2023. Para o seguinte espectáculo, Ítaca Teatro apostou por dar un paso máis na experimentación con códigos contemporáneos e embarcouse nunha creación colectiva, cunha dramaturxia propia realizada por Ana Carreira e José Campanari, baseada no traballo de narrador e de improvisación de Carlos Rebolo. “Formigas no peto”, mestura narración oral con teatro de imaxes e teatro de intérprete. En “Alma de grilo”, aparece a música en directo de Vadim Yukhnevich nun espectáculo concibido para ser presentado en espazos non convencionais e singulares. Unha proposta que conforma unha fábula contemporánea sobre a comlpexa condición humana. A última estrea da compañía, ata de agora, é “Instrucións para tomar café”, un espectáculo de narración oral baseado no libro homónimo de Manuel Núñez Singala, que se estreou no FIOT de Carballo 2024. O seu próximo traballo será unha coprodución co CDG (Centro Dramático Galego) titulada “Profetas”, texto de Ernesto Is gañador do 16º Premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia en 2021 e que estará dirixido por Carlos Alvarez-Ossorio. A estrea terá lugar no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o vindeiro mes de abril.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Carlos, Carliños, Xefe de bodega, Capi, Charly... conta, sinte, viaxa por momentos e emocións da súa infancia, que se conforma como a súa patria. Un narrador contando historias, uns personaxes que aportan outra mirada sobre a historia do protagonista e unhas imaxes evocadoras de soños e pesadelos. Un espectáculo unipersoal dirixido ao público mozo e adulto, no que se mesturan historias de autobiografía ficcionada con imaxes oníricas e teatro actoral, que ocupan un lugar especial nas lembranzas do protagonista.

  • Caché con IVE : 1573.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2783.0 €

  • Técnica