#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Mago Javier Muro: Sim Salabim

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil e familiar

  • Duración do espectaculo: 55 min.

  • Persoa representante : Javier Muro Alonso

  • Datos de contacto : 661 007 544 - jmuroa@yahoo.es

  • Páxina web do grupo : https://www.javiermuro.es/simsalabim.htm

  • Sinopsis da compañia :

    Os inicios de Javier Muro foron aos 16 anos, facendo a súa primeira actuación nunha discoteca na provincia de Guadalaxara. Con 17 anos entra a formar parte como socio da Sociedade Española de Ilusionismo (SEI). A partir de aí toma contacto con magos da talla de Juan Tamariz, Pepe Carroll, Anthony Blake, etc. Asiste en 1988 e 1989 ás xornadas máxicas internacionais do Escorial (Madrid), organizadas por Juan Tamariz e a Escola Máxica de Madrid, para o estudo e profundización da maxia. No 2002 traslada a súa residencia a Galicia e no 2003 comezou a de-dicarse á maxia a tempo completo, facéndose profesional. Nos anos 2005 e 2006 organizou o Festival Mondariz é Maxia. Durante estes anos realizou varios centos de actuacións entre teatros, auditorios, centros culturais, empresas e privadas. Membro da Asociación "Magos Profesionais de Galicia" (MPG) desde a súa creación no 2006. Está dentro da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia (AGADIC). Ao longo destes anos, creou máis de 15 espectáculos de maxia, algúns deles teatralizados, de mediano e gran formato.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Sim Salabim é un espectáculo de maxia, teatro e monicreques, onde os bonecos cobran vida, e móvense, falan, e contan cousas das súas vidas, pero temen fan maxia, porque eles son os protagonistas do espectáculo, aparecen, desaparecen, voan polo aire, enfádanse, pero sobre todo fannos pasar un intre moi divertido. E grazas á axuda das palabras máxicas Sim Salabim, prodúcense os milagres, e suceden cousas máxicas, o problema vén cando se repiten as palabras varias veces seguidas, xa que o efecto sucede ao revés, e empezan a suceder cousas estrañas. Pero os bonecos son como os humanos, cada un ten diferentes necesidades, o gatiño Piqui quere xogar e fará todo o posible para conseguilo, o orangután Hugo é moi tímido, en cambio Rodolfo aparecerá da nada, e quere mostrar a súa valía, e irán sucedéndose os diferentes personaxes que forman este espectáculo. Maxia, teatro e monicreques mestúranse para crear un espectáculo moi simpático e entretido para toda a familia.

  • Caché con IVE : 1500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1990.0 €

  • Técnica