#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Manuel Pombal: DESCUBRINDO A DOBRAXE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL

  • Duración do espectaculo: 50 min

  • Persoa representante : Manuel Pombal Perez

  • Datos de contacto : 605 066 917 - manuelpombal@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1CveoKNOvYLGm9EyNsfxxB8pAmZfMrs9V/view?usp=drive_link

  • Sinopsis da compañia :

    Manuel Pombal, posúe unha longa traxectoria de máis de trinta anos como profesional en diversos eidos do mundo da cultura: Como actor e director teatral desenvolveu o seu labor en diferentes equipos como o Centro Dramático Galego, Teatro Artello, Teatro alla Scala, Migallas Teatro, Fulano Mengano e Citano, Educa Teatro…) Como director e compositor musical, realizou bandas sonoras orixinais, para Artello, TBO teatro, Fulano Mengano e Citano, Lope de Vigo ou o mesmo Centro Dramático Galego. Asi como cancions para distintas compañías, CDs educativos de Edicións Xerais, ou DVDs didácticos para a consellaría de Medio Ambiente. Como guionista: conta no seu haber coa creación de diversos textos dramáticos para teatro e televisión así como adaptación de obras inéditas ao galego. Tamén é coñecido polos seus múltiples traballos interpretativos no campo do audiovisual, concretamente da Televisión de Galicia, (A Noite Meiga, A Reoca, Pratos Combinados, Rías Baixas, Mareas Vivas, A vida por Diante, Auga seca …) ademais da dirección e creación orixinal do programa infantil “O Campo de Atrás”. No eido da dobraxe, do que forma parte como actor e director, desde o ano 86,é especialmente valorado polas súas recreacións de personaxes de animación,(Bugs Bunny, Doraemon, Bullwinkell, ou o gato Isidoro…) así como pola súa característica “voz” -ademais de cómo actor-,no programa “Larpeiros” da TVG.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “Descubrindo a Dobraxe” é un espectáculo lúdico-educativo que ten como finalidade achegerlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno, a ferramenta da dobraxe; axudando á dinamización da lingua galega a través da sua aplicación en novas tecnoloxias. A dobraxe de peliculas, e concretamente de películas de animación, constitúe unha ferramenta máxica capaz de captar a atención dos nenos e nenas , sobre aspectos básicos da lingua e a comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención... ) Potenciando, ademais, aspectos tan importantes como a concentración, e o traballo en equipo; ao tempo que motiva aos rapaces e raparigas -“foren galeg@s ou non”- para se divertiren na nosa lingua.

  • Caché con IVE : 660.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 660.0 €

  • Técnica