#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

RAQUEL QUEIZÁS: Romaría

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: nenas e nenos desde 3 anos e familias.

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 600 670 740 - info@raquelqueizas.com

  • Páxina web do grupo : https://www.raquelqueizas.com/romaria/

  • Sinopsis da compañia :

    SON ACTRIZ, MONICREQUEIRA, FILÓLOGA, E SOBRE TODO, CONTADORA DE HISTORIAS. O MEU REPERTORIO INCLÚE CONTOS TRADICIONAIS, LENDAS DE CADA RECUNCHO, ADAPTACIÓNS DE CONTOS DE AUTOR E HISTORIAS PROPIAS. NOS MEUS ESPECTÁCULOS O PÚBLICO É UN ELEMENTO FUNDAMENTAL, GRANDES E CATIVOS ENTRAN A FORMAR PARTE DA HISTORIA. NAS MIÑAS MONTAXES A PARTICIPACIÓN ACTIVA E O HUMOR SON PEZAS CLAVE. QUIZAIS FOSE POLOS CONTOS QUE ME CONTABA A MIÑA AVOA (PORQUE A MEMORIA DOS ANTEPASADOS NON SÓ É VIDA, SENÓN SABIDURÍA PURA), QUIZAIS PORQUE A NENA QUE LEVO DENTRO SEGUE SOÑANDO CON ESE MUNDO DE FANTASÍA, FOSE COMO FOSE, OS CONTOS FORMAN PARTE DA MIÑA VIDA PERSOAL E PROFESIONAL DENDE FAI VINTE ANOS.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Romaría é un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles. Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo. Á velliña xa lle falla a memoria e é moi despistada, pero as historias que escoitou de nena, esas, non as esquece: lendas de mouras encantadas en fontes, historias de sacos que cantan e lendas que seguen mantendo os nenos atentos, abraiados, coa boca aberta, escoitando cómplices. As lendas e os contos tradicionais non pasaron de moda; pola contra, esta´n de plena actualidade, xa que a través deles se poden tratar tema´ticas moi presentes hoxe en día como son a violencia, a diversidade, o medio ambiente ou os ha´bitos saudables, entre outros. Así mesmo, estas historias mostran personaxes cos que as nenas e os nenos se poden identificar e que lles serven de referente para adquirir e interiorizar normas sociais, valores e contravalores necesarios para o asentamento dos cimentos da su´a personalidade, para convivir, socializar, resolver problemas ou superar os obsta´culos que se lles presenten e participar activamente na sociedade, sempre dende un espi´rito cri´tico. Finalmente, tame´n lles aprenden que o medo é necesario como un mecanismo de defensa e prevencio´n perante os perigos alleos que existen na sociedade.

  • Caché con IVE : 550.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 550.0 €

  • Técnica