#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA: RETRINCOS DE CASTELAO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 55 minutos

  • Persoa representante : ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 667 487 568 - artefeito@artefeito.gal

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/retrincos-de-castelao

  • Sinopsis da compañia :

    ARTEFEITO S. COOP. GALEGA SOMOS UNHA ENTIDADE DE XESTIÓN CULTURAL ESPECIALIZADA EN SERVIZOS DE PRODUCIÓN, CREACIÓN E COMUNICACIÓN CULTURAL. SOMOS NOVOS/AS COMO ENTIDADE, PERO EXPERIMENTADOS/AS EN CANTO AO PERFIL DOS/AS PROFESIONAIS QUE COMPOÑEN A COOPERATIVA E O SEU ENTORNO DE PERSOAS ALIADAS. CONTAMOS COA FORTUNA DE DISPOÑER DUN EQUIPO DE PERSOAS ESPECIALIZADAS NAS DIFERENTES ÁREAS DA XESTIÓN CULTURAL CON MOITOS ANOS DE EXPERIENCIA EN ÁMBITOS COMO AS ARTES ESCÉNICAS, A MÚSICA, A COMUNICACIÓN, A PRODUCIÓN DE EVENTOS E A CREACIÓN E COORDINACIÓN DE PROXECTOS. ADEMÁIS, NO EIDO ESCÉNICO CREAMOS E PRODUCIMOS ESPECTÁCULOS COMO "SOÑOS", "SUPERHEROE", "CIRCANDO" OU "RETRINCOS DE CASTELAO".

  • Sinopsis do espectaculo:

    Artefeito presenta a Isabel Risco e Fran Rei en "Retrincos de Castelao", un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da nosa historia. A través dos seus textos e con dirección de Diego Rey, fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. Ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces. A través dun ollo de vidro que dá nova forma ao que vemos, poderemos ser quen de presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. Grazas a ese ollo seremos quen de comprender realmente a nosa historia e o noso presente.

  • Caché con IVE : 1573.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1815.0 €

  • Técnica