#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BERROBAMBÁN: UBASUTE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 75min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/adulto/Berrobamb%C3%A1m/

  • Sinopsis da compañia :

    Desde a súa creación no ano 2000 Berrobambán produciu máis de vinte espectáculos de teatro dirixidos a todo tipo de público: infantil, familiar, xuvenil e adulto. E participaron en programacións e festivais de países como Canadá, Corea, Portugal e Colombia. Tamén destaca o seu interese pola colaboración con outras entidades, especialmente editoriais como Edicións Positivas, Xerais ou Galaxia, coas que participa puntualmente na publicación de textos teatrais, unidades didácticas e mesmo no deseño de campañas de animación á lectura. Hai uns anos, a companñía deu un xiro no seu modelo de creación, apostando por novos elencos, a atención a outro tipo de públicos e linguaxes e coa ollada posta na internacionalización a través do desenvolvemento de coproducións como Doppelgänger. As últimas producións da compañía son ‘Hai quen escolle os camiños máis longos’, dentro de Triloxía do Bosque e Mulleres que viven soas. En 2025 estrean Ubasute.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ubasute é un termo xaponés que significa literalmente “abandono dunha anciá” e que se refire ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado a un parente vello ou enfermo. Existen referencias dese costume na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba. Ubasute é o máis recente texto da dramaturga galega Paula Carballeira logo do seu recoñecemento co Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2023. Publicada pola Editorial Galaxia foi recoñecida pola prestixiosa Revista Babelia como un dos 5 mellores textos editados en galego no 2024. Así mesmo, a peza é actualmente finalista na categoría de Teatro dos Premios Follas Novas do Libro Galego. Ubasute é unha peza de aparencia simple máis de difícil clasificación que conxuga xéneros e abre enigmas para colocar o foco de atención na reflexión ao redor do abandono. De forma sutil e lúdica, Paula Carballeira toca temas de profunda gravidade a través dun xoguete escénico livián que brinda a posibilidade de emprender múltiples viaxes: a de acompañar o tránsito de cada personaxe e a de emprender unha viaxe interior na que cada espectadora poida recoñecerse mentres se abandona ao que queda implícito entre liñas.

  • Caché con IVE : 3000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4300.0 €

  • Técnica