#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO CALAVERA: JÁNSEL E PÓNSEL

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: adulto

  • Duración do espectaculo: 80

  • Persoa representante : MARÍA ÁNGELES PÉREZ REY

  • Datos de contacto : 628 215 716 - infoteatrocalavera@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.youtube.com/watch?v=VEsBNYviApM

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro Calavera é unha compañía especializada na creación de espectáculos e obradoiros para público infantil e familiar. No último ano, a compañía iniciou tamén o seu camiño no mundo do teatro para público adulto, explorando novas linguaxes escénicas e propostas máis arriscadas, mantendo sempre a esencia creativa e o compromiso coa calidade artística. Fundada en 2013, xorde da unión de profesionais de diferentes disciplinas —actores e actrices, clowns, animadores/as e educadores/as— da comarca de Ferrolterra, cun obxectivo común: contar historias, estimular a creatividade e ofrecer novas propostas lúdicas que contribúan ao desenvolvemento das nenas e nenos. A través das nosas creacións, fomentamos valores positivos e unha aprendizaxe baseada na experiencia. Jose Prieto é o escritor desta obra teatral. Destacado dramaturgo e director da escena galega. Iniciou a súa traxectoria teatral en 1989 na Escola de Teatro de Narón e, en 1992, fundou a compañía Caroza Teatro, onde comezou a desempeñar roles como actor, autor e director. Ao longo da súa carreira, escribiu máis de noventa textos teatrais e dirixiu máis de cincuenta espectáculos. O seu talento foi recoñecido con dous premios MAX ao mellor autor en lingua galega por Monólogo do imbécil (2003) e Fobias (2005). Ademais, recibiu cinco premios María Casares: mellor texto orixinal por Fobias e Bernarda, e mellor dirección por Bernarda. A prolífica traxectoria de José Luis Prieto converteuno nunha figura clave da dramaturxia galega contemporánea, cunha achega fundamental ao panorama teatral do país. Marian Rei - Inicia a súa formación na Escola de Teatro de Narón no ano 2004 e, desde entón, continúa ampliando os seus coñecementos en diversas disciplinas como danza, teatro físico, canto, narración, dobraxe e interpretación ante a cámara. Ao longo da súa traxectoria, completou a súa preparación en recoñecidas escolas como Santart, a ESAD de Galicia, Penteo Films e Voz Audiovisual. No ámbito profesional, formou parte de compañías como Teatro del Andamio, Bucanero Teatro, Teterella Teatro e Teatro do Morcego, entre outras. Nos últimos anos, dedica o seu traballo integramente a Teatro Calavera, onde desempeña labores de dirección, dramaturxia, interpretación e posta en escena. Actualmente, forma parte do elenco de “Que din as Rumorosas”, de Maquinarias Teatro, así como da Gala de Maxia de Dani García. Ademais, continúa desenvolvendo proxectos con Teatro Calavera, como “Jansél e Ponsél”, combinando interpretación e creación escénica. Alejandro Martín - Cunha traxectoria que comeza en 2012, conta con máis de 10 anos de formación na Escola de Teatro de Narón, complementados con 5 anos de danza na Escola Allegro. A súa preparación abrangue diversas disciplinas, como teatro físico, interpretación, teatro musical e creación escénica, o que lle permite afrontar proxectos desde unha perspectiva versátil e innovadora. A súa carreira profesional iniciouse como animador e contacontos, cultivando unha conexión directa co público. Actualmente, forma parte do elenco de “Jansél e Ponsél” e “Vera Bajo el Agua”, ambas coa compañía Teatro Calavera.

  • Sinopsis do espectaculo:

    "Jánsel e Pónsel" é unha obra - documental que pretende dar resposta, de xeito lúdico e didáctico, ás grandes preguntas do universo: Quen somos? De onde vimos? Onde imos? Todo isto, claro, se o proxector funciona ben, Jánsel non se trabuca co seu texto ou calquera outro problema que poidas imaxinar. Dende Deus ata a chegada dos aliens e a súa conquista da Terra, será un repaso á verdadeira evolución cun humor cheo de referencias, aventuras, música e amor; moito amor, todo para dar xeito a este desastre de peza teatral.

  • Caché con IVE : 2321.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2771.0 €

  • Técnica