#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Disiden.Cía: Bipedestrución

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Familiar (recomendada +5)

  • Duración do espectaculo: 56

  • Persoa representante : Amarelo Distribución

  • Datos de contacto : 664 811 644 - disiden.cia17@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://linktr.ee/disiden.cia

  • Sinopsis da compañia :

    Disiden.Cia é un novo colectivo galego-navarro formado por Martina Los Arcos e Marcia Vázquez, dúas bailarinas de Pamplona e Vigo, respectivamente. Coñecéronse en formación en danza contemporánea en La Faktoria Choreographic Centre. Estrean a súa primeira peza "Bipedestrución" dentro do programa DNA 2024 facendo xira en Navarra. As residencias que fixeron medrar a obra foron Espacio CRAC (Cáceres), MASDANZA (Gran Canaria), A Casa Vella (Amiadoso, Ourense), La Fontana (León) e DNA2023 (Etxarri Aranatz) concluíndo o seu proceso de creación . Este colectivo pretende ter un claro enfoque que cuestione as formas (dancísticas, de xénero, formais...) e abrir o ollo crítico a través da danza e, se é posible, a través do humor. Esta compañía ademáis impartiu obradoiros para crianzas e adolescentes en escolas e institutos. Tamén para profesionais como a compañía Dantzaz. Conteñen un programa de mediacións enfocadas na búsqueda da identidade a través da danza e o movemento, xerando novos públicos nas artes escénicas.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Bipedestrución é unha danza para cualquera ser. Unha reivindicación monstrosa, alieníxena, absurda e desenfadada dos corpos. Apoiarnos entre nós para transitar as dúbidas. Permitirse, hoxe, ser cualquera. Un espectáculo para tódalas idades na pregunta sen respuesta sobre a identidade. Dous seres abúrrense de andar sobre os seus dous pés. Coma se chegasen doutro universo, xogan a buscar cal é a súa verdadeira forma de moverse pola Terra. A única maneira de seguir camiñando neste planeta será apoiándonos, máis aló dos nosos dous pés, sobre as nosas amizades, construíndo comunidade. Bipedestrucción, un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+. Un continuo xogo con beliscos de humor en procura do quen son? que quero ser?

  • Caché con IVE : 2640.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3340.0 €

  • Técnica