#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Colectivo D'elas: Velaiquich, amoorch!

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 30-45 minutos

  • Persoa representante : Amarelo / Lilian Portela

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : www.amarelo.es/velaiquich

  • Sinopsis da compañia :

    D´elas é un colectivo de danza integrado por 7 xovenes artistas emerxentes galegues e dirixido por Julia laport . Xuntámonos en setembro do ano 2020 pola necesidade de desenvolver a través da colectividade. Traballamos dende a experimentación, o desenvolvemento de conceptos e o visual e estético, o que resulta en creacións contemporáneas cunha mestura de linguaxes, moitas de elas procedentes das danzas urbanas.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Velaiquich, amoorch! é un espectáculo para espazos non convencionais con música en directo e tres creadoras do movemento en escena. Este proxecto nace da necesidade de traer a esencia das danzas urbanas a un proxecto contemporáneo. Esta proposta escénica busca compartir cos públicos a maxia do instantáneo, a esencia do agora, do actual. Subirse ao absurdo da continua renovación, do cambio contaste, do inmediato, e apropiarnos así deste momento histórico tan caracterizado pola sobreactualización da linguaxe e as tendencias. Reivindicando o cambio, o agora e a sobreactualización como modo de existir.

  • Caché con IVE : 2860.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3190.0 €

  • Técnica