#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

GALEATRO: BERENGUELA NA GAIOLA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR. +6 ANOS

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/familiar/Galeatro/

  • Sinopsis da compañia :

    Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos intérpretes Alba Bermúdez e Tone Martínez e especializada no público familiar, a súa liña de traballo es éndese desde a formación artística ata a produción de espectáculos de pequeno e gran for ato. Algunhas das pezas que percorren gran parte do territorio galego son: as sesións de contos As aventuras de Mariña e Entre bechos anda o conto; ou seus espectáculos de sala Muiñada, Carabela e Wombo Combo, coproducidos polo FIOT. No 2022 Galeatro estreou o seu primeiro espectáculo para público adulto en coprodución co Centro Dramático Galego, Arte sen Guión, unha especulación escénica de como podería ter sido o teatro medieval en lingua galega, que estivo presente en prestixiosos festivais do estado como a MIT de Ribada ia e o Festival de Teatro Clásico de Almagro. No eido da formación, Galeatro está presente en escolas de teatro de Bergondo, Carballo, Malpica de Bergantiños, Oroso, Oleiros e Ordes. Conta con máis de 250 alumnos e alumnas que grazas a estas actividades xa forman parte, dalgunha maneira, do sistema teatral galego. Galeatro naceu coa vontade de promover a creación escénica contemporánea en lingua galega, contando para iso con dramaturgos e dramaturgas galegas vivas. Mostra disto son os seus espectáculos de sala Muiñada escrito por Ana Carreira, Carabela e Wombo Combo por Paula Carballeira e Arte sen guión por Miguel Canalejo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Esta coprodución de Galeatro e Xarope Tulú con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira gañou a cuarta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Nunha residencia da terceira idade, tres anciás deciden representar a través do teatro o que non lles deixan facer na realidade: ser libres. A peza que escollen para interpretar é 'Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela' de Manuel María. Nunha residencia da terceira idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Berenguela propón unha revolta, que se volvan salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixarían facer na realidade. Cre lembrar que foi actriz e que hai unha peza co nome de Berenguela. Berenguela coñece a peza, por iso leva o seu nome. As dúas enredan a Tomás e Tomás déixase enredar. No teatro atopan a liberdade que cren perdida, a posibilidade de cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo.

  • Caché con IVE : 2420.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2420.0 €

  • Técnica