#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A BANDA DOS INSECTOS: A BANDA DOS INSECTOS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR. +3 anos

  • Duración do espectaculo: 60min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/A%20Banda%20dos%20Insectos/

  • Sinopsis da compañia :

    A Banda dos Insectos é un proxecto de nova creación. Os seus integrantes son Adrian Salgado (batería e voz), Juan Pérez (guitarra e coros), Eduardo Cadenas (baixo e cores) e Manuel Fernández (actor). Nace como un proxecto educativo-musical que busca familiarizar ás crianzas co baloncesto, pero tamén con valores como o xogo en equipo, o compañeirismo ou a integración empregando como vehículo a música rock en galego. Eles combinan a súa paixón e experiencia na música coa súa condición de formadores co obxectivo de que as crianzas reciban unha educación integral e aprendan dunha maneira divertida. En 2019 publicaron o audiolibro ‘Pasando a bola’ onde contan a historia do Club de Baloncesto da Carrasquiña. Un club que non pasa plo seu mellor momento e que, coa aparición dun novo e curioso adestrador, conseguirá converterse na auténtica Banda dos Insectos. Un audiolibro que incorpora unha parte importante do repertorio do grupo con cancións como: Pasando a bola, Ergue os pés do chan ou Levanta a cabeza. A Banda dos Insectos formou parte da programación miúda do Festigal 2024.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A Banda dos Insectos é un proxecto teatral que busca familiarizar á xuventude con valores transversais e do deporte, empregando como recurso adicional o rock en galego. Con Manuel Fernández como actor principal, e con Eduardo Cadenas e Juan Pérez como acompañantes nesta divertida proposta na que se fala de compañeirismo, respecto, igualdade e solidariedade.

  • Caché con IVE : 1440.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1895.0 €

  • Técnica