#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Carmen Domech: Petróglifos

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: A partir de 4 anos

  • Duración do espectaculo: 55

  • Persoa representante : Carmen Domech

  • Datos de contacto : 627 416 836 - brincadeiraedicions@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://carmendomech.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Carmen Domech Narradora, titiriteira, buscadora de ecos cos que falar e de historias e contos cos que descubrir o mundo e viaxar. Comezou a súa andaina na narración oral no ano 1987 como membro fundador do colectivo Dingolondango en Madrid. A partir de aí nunca deixou de contar contos. Veu a vivir a Galicia no 1993 e nun par de meses comezou a contar en galego e así continuou a súa andaina de narradora por todo o noso país e máis aló.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Nace nos petróglifos o arco da vella? Probablemente. Indican os petróglifos onde se agochan tesouros? Seguro que si. E, sobre todo: Gardan os petróglifos historias do pasado? Si, miles de historias. Moitas delas chegaron aos nosos días. O tempo foinas variando; quitando e engadindo acontecementos, crenzas ou costumes segundo as épocas. A algunhas chegoulles o momento de ser contadas de novo. Mouras coidadoras da natureza que, ao contrario do que ás veces se dixo delas, son solidarias cos homes e só buscan a igualdade entre mulleres e homes. A sabia vella do arco sae a pasear e enche o ceo e a nosa imaxinación de cores cos que voar. Petróglifos de labirintos, serpes, cervas e estrelas. Todos nos falan da vida das xentes que habitaron a nosa terra fai moitos, moitos anos e que no esencial non son tan diferentes de nós. Todas as historias que estas pedras van relatar transmiten a necesidade da igualdade entre homes e mulleres para así conseguir un mundo máis xusto. Narración oral, monicreques e algunha sorpresa vannos contar posibles historias que os petróglifos encerran.

  • Caché con IVE : 400.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 400.0 €

  • Técnica