#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LUART PRODUCCIONES SOC. COOP. GALEGA: ANTÓN UN NENO DIFERENTE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL E FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 56 MINUTOS

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 722 399 319 - luartproducciones@lu-art-producciones.es

  • Páxina web do grupo : https://docs.google.com/presentation/d/1K9R-eNf5kqhFeURHpt5UtjZYjlbbTorS/edit?usp=drive_link&ouid=104187847020545962217&rtpof=true&sd=true

  • Sinopsis da compañia :

    Comeza as súas actividades en outubro de 2022 e recentemente rexistrada como Sociedade Cooperativa Galega, cuxa finalidade é formar, investigar, producir espectáculos, distribuír e difundir o teatro, audiovisuais e monicreques. Luis Vázquez Ovalles ten unha dilatada traxectoria no teatro de monicreques no seu país natal, Venezuela, e percorreu case toda América Latina. Fundador da Compañía Cometa de Cantaura, que dirixiu durante 26 anos e con importantes recoñecementos dentro e fóra de Venezuela, entre eles o Premio Nacional de Teatro Infantil. Fundou o Grupo Lúdico Teatro e Títeres na República Dominicana, e reside en Vigo-Galicia. Nerea Rodríguez, Actriz formada nos obradoiros Artika, integrante do grupo Desfeita Teatro, actualmente cursando estudos superiores na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Marta Yoldi, Produtora Bibiana Durán, Aux. De Producion

  • Sinopsis do espectaculo:

    Antón é un neno que naceu fisicamente distinto aos habitantes da súa vila, por iso os habitantes da vila burlábanse del e reprochábanlle todo o malo que pasaba no pobo. Un dia os habitantes do pobo foron azoutados pola varicela, todos os seus habitantes enchéronse de puntos vermellos por todo o corpo agas Anton o rapaz da cabeza en punta, E foi asi como os habitantes da vila decidiron botalo do pobo. Na súa viaxe atópase camiño dun MONSTRUO (que é realmente un Mago que está baixo un feitizo e ofrécelle ao neno cumprir un desexo se pode axudarlle a desfacerse del. Antón debe conseguir uns moi especiais ingredientes para devolverlle ao Mago os seus poderes e conseguir así ese ansiado desexo. Durante a súa viaxe , Antón coñece a personaxes da tradición oral galega, que son os portadores daqueles ingredientes necesarios para axudar ao MAGO. o BIOSBARDO que quere ser cantante, unha vanidosa COCA DE REDONDELA, a serea MARUXAINA furiosa cos humanos polo dano que fan aos mares e O DEMIÑO TRAVESO obsesionado cos videoxogos. Anton atopa os ingredientes para devolver ao mago os seus poderes e o mago decide non darlle un, senón tres desexos Pero o seu desexo mais grande é volver ao seu pobo xunto á súa nai e ser aceptado e querido polos seus veciños

  • Caché con IVE : 2229.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2783.0 €

  • Técnica