#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Elahood: NÓ

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 65

  • Persoa representante : Amarelo / Lilian Portela

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : www.elahood.com

  • Sinopsis da compañia :

    EIahood é unha compañía galega de danza urbana e creación contemporánea formada por Sabela Domínguez e Julia Laport no ano 2017. A compañía aposta por visibilizar as danzas urbanas como un medio de expresión lexítimo na danza profesional, sosteñen unha visión artística clara e directa, caracterizada pola súa linguaxe visual e musical cunha mirada cara fóra. En xaneiro de 2018 estrean o seu primeiro espectáculo de longo formato A Soidade de Wally. Tamén contan con pezas curtas para rúa e espazos non convencionais; Impermeable (2018), Protocolo (2018), NOUA (2019) e Desvendando os meus pés (2021) coas que participan en diversos festivais; Festival Corpo(a)Terra, Festival Rúa ExtCénica, Festival Vai de Rúa, Festival Quincegotas e Loop Festival en Portugal. A perspectiva de xénero e queer forma parte intrínseca da identidade de Elahood, motivándoas a presentar as súas creacións en contextos como o Festival Elas Son Artistas, o Proxecto de Acción Artística Violencia Zero ou o Festival Versión Orixinal, DT Espazo Escénico (Madrid). Profesionalmente, tamén colaboran con outras compañías na creación e interpretación de proxectos escénicos: A love letter to humanity de Rachel Kay (2018), Clásicas Desfeitas Volume III: Orlando, A Consagración da Primavera e o Mito de Sísifo, unha co-produción entre o Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura (2021) e Replay 2.0 de Pisando Ovos (2021). No mes de xullo de 2021 estrean o seu novo espectáculo para rúa e espazos non convencionais Intempestiva, unha peza de danza urbana inspirada na figura da recoñecida autora galega Xela Arias. Comparten este traballo en numerosos festivais e programacións e veñen de gañar o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid (2021) e o Premio a Mellor Espectáculo na Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres (2021). O pasado mes de febreiro de 2022, estrean o seu novo espectáculo para teatros e auditorios, NÓ, unha co-produción co Centro Coreográfico Galego, da man de Gena Baamonde, Aina Lanas e Kenrick Sandy, con próximas paradas no Teatro Rosalía de Castro e no ciclo Lugo en Danza. A súa actividade escénica vese acompañada dunha gran presenza na comunidade urbana, impulsando e participando en varios proxectos e eventos tanto a nivel nacional como internacional (Milan, Seoul, Paris, Bangkok...). Combinan isto co seu papel pedagóxico onde levan a cabo numerosas formacións tanto presenciais dentro da comarca, como en liña onde participan bailaríns de diferentes países. Son coreógrafas e directoras do Colectivo D'elas. ESPECTÁCULOS  A Soidade de Wally (2018)  Impermeable (2018)  Protocolo (2018) NOUA (2019) Desvendando os meus pés (2021)  Intempestiva (2021) NÓ (2022) PREMIOS Primeiro Premio e Premio da Crítica por Intempestiva CERTAMEN COREOGRÁFICO DE MADRID (2021) Premio Mellor Espectáculo por Intempestiva PLATAFORMA DIÁLOGOS CONTEMPORÁNEOS FESTIVAL DZM (2021)

  • Sinopsis do espectaculo:

    Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é. Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea. NÓ convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a decontrucción de xénero e a conciencia de clase. O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada. Elahood continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto e a voz. Onde reside a importancia do importante? Debemos subirnos a un escenario sempre coa resposabilidade de defender un discurso? NÓ é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.

  • Caché con IVE : 3025.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3300.0 €

  • Técnica