#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO Ó CUBO: VOO

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/familiar/Teatro%20%C3%B3%20Cubo/

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro ó cubo é unha compañía de teatro formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal. A súa formación afonda nas diversas artes escénicas. Co teatro como eixo común pasando pola danza, o circo, os monicreques e a música, estes dous artistas conforman unha compañía orixinal e sorprendente na que combinan múltiples disciplinas. Dende 2016 levan producindo pezas teatrais para o público infantil e familiar. José luís Baños de Cos escribe a súa ópera prima O Faiado que Sofía, Roberto e Alfredo Pérez Muiño “Fredi” traducen ó teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”. No verán de 2018 estrean e xiran cunha segunda creación, Ghop!, un aclamado espectáculo de teatro cómico de rúa, co mago Noel Fandiño como parte do elenco. A través de outras creacións máis recentes como Nube nube sol, Teatro ó Cubo diríxese á primeira infancia e as súas familias. A súa última montaxe é Voo, unha peza de teatro físico, música, obxectos, humor e danza para público familiar.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Quen non pensou algunha vez en voar? Despegar os pés do chan e coma por arte de maxia, flotar na ingravidez do ar? Movidas pola curiosidade máis primaria e un anhelo profundo que transcende as limitacións humanas, as dúas personaxes desta historia buscan a fórmula para alcanzar o ceo. O ar promete unha liberdade que a terra descoñece. Por que non atreverse a soñar máis alto? Voo é o novo espectáculo de Teatro ó Cubo para público familiar a partir de 3 anos. Unha metáfora visual inspirada por un imaxinario común e revelador que emprega o teatro físico, a música, os obxectos, o humor e a danza como motor para alcanzar os soños.

  • Caché con IVE : 1615.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1615.0 €

  • Técnica