#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CARAMUXO: ZAPATOS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: DE 1 A 4 ANOS

  • Duración do espectaculo: 30min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/familiar/Caramuxo%20Teatro/

  • Sinopsis da compañia :

    Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familar nada na Coruña en 2003 dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola que tamén traballa nunha liña específica de creación de propostas para bebés. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público máis novo. Dende os inicios, a compañía mestura diferentes técnicas (teatro de actor, títeres, danza...) e parte de textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo co obxectivo de crear espectáculos que consigan a fidelización do público.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. Zapatos narra tódalas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

  • Caché con IVE : 1100.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1200.0 €

  • Técnica