
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
A COVA DAS LETRAS: PROCÚRA-SE PEPA A LOBA
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: FAMILIAR
Duración do espectaculo: 45
Persoa representante : A COVA DAS LETRAS
Datos de contacto : 646 383 305 - cristina.collazo.gomez@gmail.com
Páxina web do grupo : https://criscollazoactriz.gal/
Sinopsis da compañia :
A COVA DAS LETRAS é unha compañía dezana que nace no 2014 con afán de espallar a cultura teatral e musical no rural. Comezan os traballos de investigación neste eido, onde se desenvolven obradoiros e espectáculos que xa van seguindo unha liña temática: a muller no rural e a revalorización da literatura oral galega. O primeiro espectáculo, O CIRCO DOS CONTOS (2014), é un contacontos baseado nos contos igualitarios que mestura danza e teatro. A partires de aí son diversas as montaxes dende teatro de rúa (TEATRO Á FEIRA, 2019) até comedia musical con banda (A GATA CON ZOCOS 2018), revisión do conto tradicional O GATO CON BOTAS, ANIMALIA (2019) ou A FAMILIA BRAÑAS (2022), comedia musical onde os títeres se fusionan coas bandas de música, pezas coas que xiramos polas diversas bandas galegas e estranxeiras, da man de Anxo García, Martiño Mato, Josito Porto e Manuel Paino.. A FOTÓGRAFA (2015), A CORVA ( 2016), PROCÚRA-SE PEPA A LOBA (2018) MARIÑEIRAS (2016), MARÍA PITA (2019) ou A ALQUIMISTA (2020) son mostra da importancia e da visibilización da muller no rural. O último proxecto da compañía, FRIDA coa coreógrafa Olga Cameselle baixo a dirección de Rocío González, foi nomeado aun María Casares pola dirección de movemento. Moitas das montaxes reciben a axuda e patrocinio da AGADIC, coma A GATA CON ZOCOS, TEATRO Á FEIRA, A FAMILIA BRAÑAS e FRIDA. Dende A COVA DAS LETRAS tamén se levan a cabo outros proxectos de índole social coma “Sair por un intre”, un obradoiro de teatro que se realiza dende o 2017 no Centro Penitenciario de Monterroso, “Teatro en feminino” ou obradoiros de teatro dirixidos a crianzas a partires de tres anos. A COVA DAS LETRAS foi medrando e leva a escena ás súas montaxes, sempre baixo unha perspectiva de defensa da muller traballadora rural e dando prioridade a cultura e lingua galega. En xullo do 2021 recibe con moito agarimo o XVI premio “Carballeira de Cercio” á defensa da cultura popular e en novembro do 2021 o segundo premio á iniciativa empresarial da Deputación de Pontevedra. Así mesmo, dada a formación musical das compoñentes da compañía, ofrecen concertos sensorias para bebés: SON NO BERCE (2019). Anxo García, titiriteiro, actor e atrezzista, Manuel Paino, trompetista, compositor e actor e Cristina Collazo, actriz, directora e trompista, forman o elenco orixinal da compañía, mais contan coa presencia de diversos profesionais para as diferentes montaxes. PERSOAL TÉCNICO: Fidel Váquez no deseño de luz, María Peinado na axudantía de dirección, Pilar Abades no deseño da fotografía e creación audiovisual, La Canalla no vestiario, Luchy Iglesias para a escenografía. PERSOAL ARTÍSTICO: Fran Lareu, actor, Anxo García, actor, Sonia García, deseñadora e actora, Juan Manuel Frade, actor, Manuel Paino, trompetista, actor, compositor, Paloma Saavedra, actriz, Juan Collazo, percusionista, Bea Rodríguez, frautista, Javier Penide, clarinetista, Olalla Rodríguez, chelista, Martiño Mato, saxofonista, Rocío González, actriz e directora e Olga Cameselle no movemento. A COVA DAS LETRAS está presente en diversas redes culturais da comunidade coma CULRUREA, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, DEPUTACIÓN DE LUGO, REDE DE TEATROS E AUDITORIOS, LERCONTAMOITO ou CULTUA NO CAMIÑO. Levamos dez anos traballando a prol das artes escénicas en galego, centradas no teatro infantil e familiar porque cremos que son un piar fundamental da nosa sociedade, para seguir medrando e aprendendo a través do teatro, a través da vida
Sinopsis do espectaculo:
Coa peza teatral PROCÚRA-SE PEPA A LOBA queremos poñer en valor á muller no rural, dando a coñecer figuras relevantes na nosa historia. Unha muller forte e valente , cunha infancia difícil, encarnada en PEPA A LOBA e que procura a vida polos montes e carreiros sen medo a nada. Así mesmo, queremos fomentar o uso do galego a través do coñecemento da literatura e cultura popular. Para isto empregamos lendas, poesías e contos que están presentes no imaxinario das xentes. PROCÚRA-SE PEPA A LOBA narra a historia que acontece nunha noite fría de inverno PEPA, guiada por un "pao máxico" que a leva dando tombos polo monte, atopa por fin a taberna que estaba buscando. Comeza a arranxala e poñela a punto para o desfrute das xentes. Neste proceso danza, canta e narra ao público as súas aventuras e confésalles un pequeno segredo: o verdadeiro motivo da súa viaxe é un tesouro. A partires de entón PEPA e o público terán que afanarse para procuralo.
Caché con IVE : 880.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 1100.0 €