
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
LALÁ TEATRO: "GALICIA, CADA DÍA MÁIS LINDA"
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: A PARTIR DOS 4 ANOS
Duración do espectaculo: 50 MINUTOS
Persoa representante : NOELIA PORTO DOMÍNGUEZ
Datos de contacto : 648 751 288 - noeporto@gmail.com
Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1wYWp0MWBv7Y7r2jvvHnO-mTbBOTP_QEo/view?usp=drive_link
Sinopsis da compañia :
Lalá Teatro é unha compañía creada no 2024 por Noelia Porto. Inda que é unha compañía recente, realmente levo arredor de 5 anos realizando diferentes espectáculos por toda Galicia. No 2019 remato os meus estudos de Arte Dramática na ESAD de Galicia e desde aquel momento póñome a crear diferentes espectáculos que realizo a través doutra empresa. Ademais de actriz tamén son cantante profesional e toco nunha banda popular galega, recursos que sempre engado nos espectáculos. A nosa proposta artística son espectáculos infantís moi interactivos nos que o público sempre é a peza clave, por iso é partícipe en todo momento. Entran a formar parte do espectáculo xa sexa cantando unha canción; facendo palmas; creando un conto ou facendo diferentes xogos, todo isto mentres se lles conta unha historia. Á hora da creación e composición dos espectáculos tentamos adaptarnos a diferentes idades. Buscamos achegar valores e diferentes ensinanzas de maneira lúdica e entretida ós máis cativos, ademais de poder ensinarlles a nosa cultura e tratar temas da actualidade. Todo isto lográmolo a través da interpretación teatral; a música; os contos, lendas ou mesmo historias creadas por nos mesmos.
Sinopsis do espectaculo:
Preparados para concursar no “Galicia, cada día máis linda máis linda”?. Dúas irmáns que queren demostrar que o galego está máis vivo ca nunca veñen para ver canto coñeces da nosa terra. A música tradicional será o principal neste espectáculo, que mediante lendas e contos nos atraparán e nos farán cantar e bailar, pero sobre todo aprenderemos moito sobre Galicia. E ti, sabes cantigas da nosa terra? Ou sabes cantas praias pode ter Galicia ou cal é o faro máis antigo? Ven a concursar con nós e coñecerás moitas cousas da nosa bonita terra. A tradición galega presente neste espectáculo móstranos o valor do noso territorio, da nosa xente e da nosa cultura.
Caché con IVE : 350.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 350.0 €