#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A COVA DAS LETRAS: FRIDA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 45

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 646 383 305 - cristina.collazo.gomez@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://criscollazoactriz.gal/teatro-infantil

  • Sinopsis da compañia :

    A COVA DAS LETRAS é unha compañía dezana que nace no 2014 con afán de espallar a cultura teatral e musical no rural. Comezan os traballos de investigación neste eido, onde se desenvolven obradoiros e espectáculos que xa van seguindo unha liña temática: a muller no rural e a revalorización da literatura oral galega. O primeiro espectáculo, O CIRCO DOS CONTOS (2014), é un contacontos baseado nos contos igualitarios que mestura danza e teatro. A partires de aí son diversas as montaxes dende teatro de rúa (TEATRO Á FEIRA, 2019) até comedia musical con banda (A GATA CON ZOCOS 2018), revisión do conto tradicional O GATO CON BOTAS, ANIMALIA (2019) ou A FAMILIA BRAÑAS (2022), comedia musical onde os títeres se fusionan coas bandas de música, pezas coas que xiramos polas diversas bandas galegas e estranxeiras, da man de Anxo García, Martiño Mato, Josito Porto e Manuel Paino.. A FOTÓGRAFA (2015), A CORVA ( 2016), PROCÚRA-SE PEPA A LOBA (2018) MARIÑEIRAS (2016), MARÍA PITA (2019) ou A ALQUIMISTA (2020) son mostra da importancia e da visibilización da muller no rural. O último proxecto da compañía, FRIDA coa coreógrafa Olga Cameselle baixo a dirección de Rocío González, foi nomeado aun María Casares pola dirección de movemento. Moitas das montaxes reciben a axuda e patrocinio da AGADIC, coma A GATA CON ZOCOS, TEATRO Á FEIRA, A FAMILIA BRAÑAS e FRIDA. Dende A COVA DAS LETRAS tamén se levan a cabo outros proxectos de índole social coma “Sair por un intre”, un obradoiro de teatro que se realiza dende o 2017 no Centro Penitenciario de Monterroso, “Teatro en feminino” ou obradoiros de teatro dirixidos a crianzas a partires de tres anos. A COVA DAS LETRAS foi medrando e leva a escena ás súas montaxes, sempre baixo unha perspectiva de defensa da muller traballadora rural e dando prioridade a cultura e lingua galega. En xullo do 2021 recibe con moito agarimo o XVI premio “Carballeira de Cercio” á defensa da cultura popular e en novembro do 2021 o segundo premio á iniciativa empresarial da Deputación de Pontevedra. Así mesmo, dada a formación musical das compoñentes da compañía, ofrecen concertos sensorias para bebés: SON NO BERCE (2019). Anxo García, titiriteiro, actor e atrezzista, Manuel Paino, trompetista, compositor e actor e Cristina Collazo, actriz, directora e trompista, forman o elenco orixinal da compañía, mais contan coa presencia de diversos profesionais para as diferentes montaxes. PERSOAL TÉCNICO: Fidel Váquez no deseño de luz, María Peinado na axudantía de dirección, Pilar Abades no deseño da fotografía e creación audiovisual, La Canalla no vestiario, Luchy Iglesias para a escenografía. PERSOAL ARTÍSTICO: Fran Lareu, actor, Anxo García, actor, Sonia García, deseñadora e actora, Juan Manuel Frade, actor, Manuel Paino, trompetista, actor, compositor, Paloma Saavedra, actriz, Juan Collazo, percusionista, Bea Rodríguez, frautista, Javier Penide, clarinetista, Olalla Rodríguez, chelista, Martiño Mato, saxofonista, Rocío González, actriz e directora e Olga Cameselle no movemento. A COVA DAS LETRAS está presente en diversas redes culturais da comunidade coma CULRUREA, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, DEPUTACIÓN DE LUGO, REDE DE TEATROS E AUDITORIOS, LERCONTAMOITO ou CULTUA NO CAMIÑO. Levamos dez anos traballando a prol das artes escénicas en galego, centradas no teatro infantil e familiar porque cremos que son un piar fundamental da nosa sociedade, para seguir medrando e aprendendo a través do teatro, a través da vida.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un día Frida, unha adolescente “aburrida da vida”, descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KALHO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partires de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida da cativa e todo o que está ao seu arredor. A maxia da arte fará que a creatividade de Frida se dispare, fará que pinte cadros, que cante, que baile, que vista o espazo coas cores da vida e que á fin, coñeza a FRIDA KALHO.

  • Caché con IVE : 1650.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica