#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Dani García: AoT

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 80 minutos

  • Persoa representante : Daniel García Cabeza

  • Datos de contacto : 696 897 501 - info@danigarcia.com

  • Páxina web do grupo : https://youtu.be/k8GUJHB2jVI?si=q04Drl6-6OPK3wnV

  • Sinopsis da compañia :

    Dani García iníciase no ilusionismo da man do dúo máxico Lorc&Julit. A partir deste momento, orienta a súa formación cara a ámbitos afíns ao teatro e á maxia, formándose tanto e n España como en Estados Unidos. Dende os primeiros anos, compaxina a produción dos seus propios espectáculos, cos que ten creado un selo persoal, con aparicións en galas, entregas de premios e asesoramento máxico en diversas producións teatrais e musicais. Levou a súa maxia a diversos países do norte de África, Oriente Medio, Europa , Estados Unidos, onde recolleu varios premios polo seu traballo (1º premio en Michigan e 2º premio en Florida, Texas e Missouri) e incluso China onde mantén un espectáculo que durante o 2019 se reresentou simultáneamente no pais asiático e en Europa cun segundo elenco artístico.

  • Sinopsis do espectaculo:

    AoT ( Abraio on Tour) 4 grandes artistas se reúnen para dar forma a esta gala de maxia. Persoas que aparecen, desaparecen, voan polos aires ou nos asombran coa habilidade das suas mans será o que nos encontremos nesta gala. Se os artistas chegan a tempo, pois parece que aquí só temos a nosa presentadora. Pero o espectáculo debe continuar así que coa axuda do público, os 3 técnicos de escena e moita imaxinación haberá que crear este espectáculo para sorprender incluso a nosa mestra de cerimonias. Agora si, co equipo formado podemos desfrutar de unha entretida gala onde as risas están aseguradas e acompañadas de grandes sorpresas.

  • Caché con IVE : 2200.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2700.0 €

  • Técnica