#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO DO NOROESTE: GUERRA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 100 MINUTOS

  • Persoa representante : TEATRO DO NOROESTE, S.L.

  • Datos de contacto : 633 909 484 - distribucion@teatrodonoroeste.com

  • Páxina web do grupo : https://www.teatrodonoroeste.com/guerra-teatro-do-noroeste

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro do Noroeste é unha compañía creada por Luma Gómez e Eduardo Alonso, profesionais cunha dilatada experiencia teatral, que comezou a súa actividade no ano 1987. En todos estes anos produciu montaxes de textos clásicos como Medea, de Eurípides, Rei Lear, Macbeth, Noite de Reis e Romeu e Xulieta, de William Shakespeare; e de autores contemporáneos, básicamente galegos, como Unha Rosa é unha Rosa, de Suso de Toro, A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, Campo Sur, de Lino Braxe ou o musical Glass City (Cidade de Cristal) de Eduardo Alonso e tamén textos como Confesión ou Linda and Freddy, ilusionistas, de Eduardo Alonso. Tamén realizou montaxes de textos infantís como Piratas, de Eduardo Alonso ou Touporroutou da Lúa e do Sol, de Roberto Vidal Bolaño. Unha das súas produccións foi o musical Imperial Café Cantante, Vigo 1936, de Eduardo Alonso, que recibiría os Premios María Casares ao Mellor Texto, Mellor Escenografía, Mellor Vestiario, Mellor Música e Mellor Iluminación. E as súas montaxes Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas) e Último Cowboy recibirían o Premio Max ao Mellor Espectáculo en Galego nos anos 2008 e 2011 respectivamente.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A GUERRA É A EXPRESIÓN CRUEL DO FRACASO TOTAL, POR ISO NUNCA É UNHA SOLUCIÓN, SENÓN O MÁIS GRANDE DOS ERROS. Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer os personaxes do Teatro Universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución. “GUERRA” É UNHA TRAXEDIA AO ESTILO SHAKESPEARIANO (SALVANDO AS DISTANCIAS), É DICIR UNHA TRAXEDIA ADEREZADA DE COMEDIA E IRONÍA PARA DULCIFICAR AS ARESTAS TRÁXICAS. “Guerra” trata sobre a guerra, sobre todas as guerras, as pasadas, as presentes e as futuras, as guerras das nacións e os pobos, as guerras das tribos e as guerras das persoas, dos seres humanos, guerras exteriores pero tamén internas. Mais toma esta “guerra” de xeito teatral, como as guerras das obras de Shakespeare, ou de Bertolt Brecht, ou Lope de Vega, ou Calderón, ou as carlistas de Valle Inclán, ou as imaxinadas escenicamente por Lorca.

  • Caché con IVE : 5100.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 5700.0 €

  • Técnica