#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A Feroz: Bulevar Papagaio

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: adulto

  • Duración do espectaculo: 65 minutos

  • Persoa representante : Amarelo - Lilian Portela

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : https://aferoz.gal/bulevarpapagaio

  • Sinopsis da compañia :

    A Feroz Sociedade Coop. Galega nace no 2016 ca ansia de dar contexto ao noso amor. Amor. Amor pola verdade, polos proxectos honestos, por contar dende as tripas o que nos sucede, pola mestura das artes, de disciplinas, de ciencias, de corpos e de miradas. Esta compañía nace coa vontade clara de trascender xuntos as nosas barreiras persoais para poñer en común en escena as preguntas e todas as posibles respostas. Nacemos á vida como promesa. Todo o que temos queda depositado aí, na posibilidade infinita de chegar a ser todo o que se pode ser a través da arte.

  • Sinopsis do espectaculo:

    BULEVAR PAPAGAIO parte do libro de poemas de Luisa Villalta con fotografías de Maribel Longueira: Papagaio. A peza fala de explotación e especulación, do comercio dos corpos e do chan urbanizable. Fala do patriarcado nas súas tres vetas principais: os cartos, o poder e o sexo. Con moita ironía e un un tono mordaz e humorístico, a compañía A Feroz leva a escena a explotación sexual e a violencia cara as mulleres, a especulación inmobiliaria e a usurpación dos barrios populares das nosas cidades.

  • Caché con IVE : 3630.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4500.0 €

  • Técnica