#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

FURIA SOTELO: Vestirme de ti

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 15 minutos

  • Persoa representante : Vicente Conde

  • Datos de contacto : 671 839 687 - furiasotelocia@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://furiasotelo.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Licenciada Sotelo aparece en 2010 coa presentación de Nuria dirixida por Ana Vallés: "Métanse nos seus asuntos". A partir dese momento Licenciada Sotelo, co corpo e o movemento como centro, camiña en busca dunha linguaxe escénico ecléctica e multidisciplinar. Produce diversas pezas que viran en Redes de Teatros Autonómicas e festivais nacionais e internacionais: 2010 Métanse nos seus asuntos 2011 Desmemoriada 2012 Estado de gracia 2014 Silencio por favor 2016 Ensaio amor 2017 Incerteza 2019 A Gala 2019 Rosa 2020 Quen canta seu mal espanta 2021 Entre 2022 Mortais e vulnerables 2023 Vestirme de ti 2024 Sobre o extravío ou arte de perderse A obra "Ensaio amor" foi premiada na 30 edición do Certame Coreográfico de Madrid. Co seu penúltimo espectáculo de sala "Mortais e vulnerables" a Licenciada Sotelo dá paso a Furia Sotelo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Vestirme de ti é un dúo que reflexiona sobre o equilibrio entre opostos, unha metáfora das relacións humanas e a interdependencia que se crea cando interactuamos con outros individuos. A peza critica a exaltación da independencia que nos transmite o sistema de consumo no que vivimos e defende a necesidade de apoio mutuo nas nosas relacións.

  • Caché con IVE : 1540.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1540.0 €

  • Técnica