#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Jorge Rey-Teatro Escena: A danza dos medos

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: A partir de 6 anos

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : Jorge Rey

  • Datos de contacto : 605 880 858 - teatroescena@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://jorgereytiteres.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Actor, director, dramaturgo, formado en Bos Aires nos obradoiros dos mestres Ana Labat, Luís Agustoni, Alberto Ure e Augusto Fernandes. E no teatro de marionetas, xa en España, con Fernanda Cabrera, Paco Peralta, Yang Feng, Chris Geris e Roberto Espina. Traballa en Galicia desde 1979, dando cursos de interpretación para a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e as compañías profesionais de teatro. Traballa cos grupos “Antroido”, “Trécola” e funda “Teatro das Catro Artes” e “Cachirulo”, coas que dirixe dúas coproducións do Centro Dramático Galego. A súa actividade no ámbito teatral contémplase con traballos como o de Fundador e directivo da Sala Yago de Santiago de Compostela e Director da revista Bululú, Presidente da Asociación Cultural Barriga Verde e Director do Festival Internacional Galicreques dende 1996, Membro fundador de Escena Galega, Membro da Asociación de Actores e Directores de Galicia e da Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia. Leva impartidos diversos cursos de construción e manipulación de títeres, así como de dramaturxia e posta en escena e ten estreados como director unha trintena de espectáculos, en España e Arxentina, entre os que destacan: “Ubú no outeiro” de Alfred Jarry “A Pedra que Arde”, espectáculo de monicreques baseado nun conto de Eduardo Galeano “Perón, Perón”, “Frida” e “Hamlet”, de Ainternacional Teatro “Santiago, historia dunha viaxe”, “Do, re, mi, Mozart xoga aquí”, “Olé, Olé” e “Xeado de lúa”, de Títeres Cachirulo Actualmente, alterna as súas representacións de monicreques coa participación en numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América, obtendo importantes premios.

  • Sinopsis do espectaculo:

    QUE PASARÍA SE PUXÉSEMOS TODOS OS NOSOS MEDOS XUNTOS A DANZAR? Medos grandes, medos pequenos, mediños, xogando entre eles e contando as súas historias. A danza dos medos convidaranos a descubrir como, ao longo das diferentes etapas da vida, os nosos pensamentos, sentires e desexos nos expoñen a vivir moitísimas emocións. Entre elas “O medo”. O nacemento, a infancia, a adolescencia e, por suposto, a vellez estarán habitados por personaxes extraordinarios, monicreques de moitas formas e técnicas para darlle vida a “A danza dos medos”. “A danza dos medos” está concibido como un espectáculo de teatro de títeres de formato medio con cinco intérpretes en escena e unha posta en escena para abarcar un espazo de 6 metros de boca por 6 metros de profundidade. A concepción escenográfica e espacial permitirá ampliar o espazo escénico nas salas en que esta posibilidade se presente. Logrando ocupar ata 10 metros de boca por 10 metros de profundidade. “A danza dos medos” formula dous espazos de acción dramática, o escenario como tal e a platea. Podendo romper a cuarta parede, habitando o espazo do público, xerando acción dramática por momentos en ambos espazos, traballando cos emerxentes do público que se constituirá como dramaturxia espontánea. Propoñemos que as actrices e actores estean ao servizo da escena acorde ao rol que se lles requira. A conformación do elenco realizouse tendo en conta os seus antecedentes, as múltiples ferramentas interpretativas e a súa experiencia en diferentes montaxes significativos do teatro galego dos últimos 5 anos.

  • Caché con IVE : 3146.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3146.0 €

  • Técnica