#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CIRCO CHOSCO: TAVOLE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : COPERACTIVA CULTURAL SL

  • Datos de contacto : 622 434 488 - administracion@coperactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/tavole

  • Sinopsis da compañia :

    Circo Chosco créase ao coñecérense Ariñe Azkue e Óscar Páez na escola de circo Oreka (Pamplona), na que se formaron durante tres anos. Alí aprenderon diferentes técnicas de circo así como malabares, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación... Despois tomaron diferentes camiños até que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez lles botou unha man na dirección do espectáculo Chosco! Ariñe Azkue realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na Península, en Italia e máis en Arxentina. Actuou en diferentes festivais de teatro de rúa e diversas galas de circo, traballou con compañías como Zirko Oreka, Zirika Zirkus, Panpinpox… e foi profesora de Técnicas aéreas na mesma escola Oreka na que estudou. Óscar Páez, pola súa banda, cursou diferentes cursos de clown, acroportés, danza e malabar en diferentes lugares da Península e Arxentina. Formou parte de diferentes compañías de circo, como La Banda e Zirko Oreka, ademais de actuar en diferentes festivais de teatro de rúa e galas circenses. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona. Logo de debutar con Chosco!, Circo Chosco crearon outros tres espectáculos xuntos, Forzu2, Oh-Pera e Tavole e participan tamén en compañías como Cair e Pistacatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Levantarse có pé esquerdo, significa que todo vai ir mellor... claro que peor é imposible. Tavole é un espectáculo que xira en torno a 2 personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor. Moitas situacións cotiás da vida acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non te deixa sentarse a unha mesa a pensar e reflexionar, é ahí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como sair de casa sen roupa, ou que as mesas se revelen! Unha loca e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben.Un show cercano, interactivo para o público e divertido no que xogarse a vida é a única opción.

  • Caché con IVE : 1936.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2178.0 €

  • Técnica