
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
TropoNonTroppo: A noite xusto antes dos bosques
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Adulto
Duración do espectaculo: 70 minutos
Persoa representante : Mute Digital SL
Datos de contacto : 655 648 224 - federicoesteban@mutecultura.com
Páxina web do grupo : https://mutecultura.com/artes-escenicas/
Sinopsis da compañia :
TropoNonTroppo, produtora de teatro independente creada en 2024 por Sandra Moya e Federico Esteban, céntrase en proxectos que investigan as artes escénicas, unindo linguaxes como a música, o deseño sonoro e o audiovisual, a partir de textos orixinais e de autores contemporáneos vinculados a temas sensibles, desde unha mirada onírica, fresca e arriscada. Iniciamos a actividade coa montaxe de A noite xusto antes dos bosques, unha reinterpretación do monólogo de Bernard-Marie Koltès na que se abordan os conflitos da viaxe do migrante na sociedade deshumanizada de hoxe. A obra estreouse o 16 de novembro de 2024 no Concello Municipal de Vigo. Este ano estamos a traballar na produción e estrea de Néboa, unha obra orixinal con poemas de Álvaro Mata Guillé e textos de Sandra Moya, na que, partindo dunha violación, se revela como o odio e a crueldade moldean as relacións humanas e normalizan a violencia na sociedade. Tamén desenvolvemos Feel, un collage escénico no que se conceptualiza o baleiro existencial a través da ensamblaxe de textos poéticos, o traballo físico e o deseño sonoro. Contamos cun espazo propio de traballo na cidade de Vigo, onde damos vida ás nosas producións teatrais desde a concepción ata a finalización. Nas instalacións do local dispoñemos dunha área de amplas dimensións que nos permite realizar os ensaios e mostras previas á estrea.
Sinopsis do espectaculo:
Un inmigrante sen diñeiro e sen traballo deambula polas rúas chuviosas dunha cidade, noite tras noite foxe dos cazadores de mouros, de gais e de persoas que o consideran unha rata. Agocha a súa orixe e o seu xénero para que non mallen nel, vende o seu corpo para sobrevivir ou ter alguén con quen conversar. Fala sen parar, sen precisar a quen, coa urxencia de recoñecerse noutro, de reafirmarse nun mundo que o ten sempre a parte, sempre no esquecemento. A música lévao a expresar os seus pensamentos, sentimentos, lembranzas de encontros efémeros con seres da noite e marxinados coma el: os lacazáns esquecidos nun recuncho, Mama, a prostituta que come terra, a moza fascista, ... voces que resoan na súa mente e nos amosan a súa vulnerabilidade á vez que nos fai reflexionar sobre esa humanidade que estamos a perder. Lentamente o personaxe vainos mergullando no océano que o trouxo ata aquí. Tráiler: https://youtu.be/s58urqNXYsQ
Caché con IVE : 2420.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 2870.0 €