#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LALÁ TEATRO: "NADAL EN PRÁCTICAS"

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL/FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 50 MINUTOS

  • Persoa representante : NOELIA PORTO DOMÍNGUEZ

  • Datos de contacto : 648 751 288 - noeporto@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1NOptfGc3TAul0YQGcT_lCYay-fsm0VC8/view?usp=drive_link

  • Sinopsis da compañia :

    Lalá Teatro é unha compañía creada no 2024 por Noelia Porto. Inda que é unha compañía recente, realmente levo arredor de 5 anos realizando diferentes espectáculos por toda Galicia. No 2019 remato os meus estudos de Arte Dramática na ESAD de Galicia e desde aquel momento póñome a crear diferentes espectáculos que realizo a través doutra empresa. Ademais de actriz tamén son cantante e toco nunha banda popular galega, recursos que sempre engado nos espectáculos. A nosa proposta artística son espectáculos infantís moi interactivos nos que o público sempre é a peza clave, por iso é partícipe en todo momento. Entran a formar parte do espectáculo xa sexa cantando unha canción; facendo palmas; creando un conto ou facendo diferentes xogos, todo isto mentres se lles conta unha historia. Á hora da creación e composición dos espectáculos tentamos adaptarnos a diferentes idades. Buscamos achegar valores e diferentes ensinanzas de maneira lúdica e entretida ós máis cativos, ademais de poder ensinarlles a nosa cultura e tratar temas da actualidade. Todo isto lográmolo a través da interpretación teatral; a música; os contos, lendas ou mesmo historias creadas por nos mesmos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Olitas é unha Elfa un pouco peculiar, este nadal está en prácticas e a piques de afrontar a súa proba de "COEN" (Certificado Oficial a Elfo de Nadal). Pero para iso vai precisar da túa axuda. Terás que colaborar con ela nas diferentes probas que ten que pasar, como por exemplo: crear un xoguete, cantar panxoliñas, recibir as cartas cos desexos de nadal e ata facer un exame teórico, entre moitas outras cousas que irás descubrindo. Será capaz Nolitas de conseguir este nadal o seu certificado de Elfa? E ti, queres axudarlle? "NADAL EN PRÁCTICAS" é un contacontos interactivo onde todos participan, pequenos e maiores. Mediante contos, cancións e diferentes actividades interactivas co público faremos que pasedes un ratiño moi divertido. Lalá Teatro comparte contigo a maxia do Nadal.

  • Caché con IVE : 407.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 407.0 €

  • Técnica