#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CULTURACTIVA PRODUCIÓNS: NADA SE SABE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : CULTURACTIVA S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 656 785 469 - info@culturactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/nada-se-sabe

  • Sinopsis da compañia :

    CULTURACTIVA PRODUCIÓNS SOMOS UNHA COMPAÑÍA E PRODUTORA QUE FAI REALIDADE AS NECESIDADES REAIS DOS PROGRAMADORES E PROGRAMADORAS, FROITO DO NOSO COÑECEMENTO DO SECTOR COMO DISTRIBUIDORA. CON PEZAS COMO FALAR SEN CANCELAS, SÉNIOR OU SAAABOR! NO NOSO HABER, TEMOS UNHA PRODUCIÓN TEATRAL CONSTANTE CON ESPECTÁCULOS ADAPTADOS A TODO TIPO DE ESPAZOS E REQUERIMENTOS, A DATAS SINALADAS E SEMPRE CREAMOS PENSANDO NO PÚBLICO AO QUE NOS DIRIXIMOS. O HUMOR E A VERSATILIDADE SON AS NOSAS SEÑAS DE IDENTIDADE.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Nin isto sequera sei, que nada sei; conxectúroo, porén, de min e dos demais. Sexa esta proposición a miña bandeira; esta débese seguir: Nada se sabe. Con esas palabras dubitativas comeza a obra do século XVI Quod nihil scitur (Que nada se sabe) de Francisco Sánchez “O Escéptico". Un antecedente da dúbida metódica cartesiana, de cuestionar sistematicamente o mundo como medio de aproximarse á realidade sen prexuízos. Nunha sociedade como a nosa, de certezas impostas, dubidar é revolucionario. Dúas actrices e dous actores con discapacidade recoñecida repasan diversas visións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación moderna escrita por Manuel Lourenzo de Filoctetes, unha das traxedias gregas de Sófocles, na que se presenta a idea da diferenza, da persoa discriminada, que a sociedade non sabe (ou non desexa) incluír. Este punto de partida, mesturado coas vivencias reais dos protagonistas, conforman un espectáculo divertido e único na historia do teatro galego.

  • Caché con IVE : 4961.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 6171.0 €

  • Técnica