#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Cía. SÖA: Coa cabeza nas nubes (versión de sala)

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Amarelo - Lilian Portela

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : https://soateatro.com

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía SÖA é un proxecto de música, danza e teatro onde buscamos a fusión das disciplinas. Foi creada por tres intérpretes: Martín Blanco, Marta Velázquez e Carlota Rosón Rojo. Desde a súa recente creación, a súa peza Fogar xa forma parte do Catálogo da Plataforma Iberoamericana de Danza. Tamén participaron no festival Herdanza de danza en Santiago de Compostela, así como nunha residencia artística en Barcelona na Casa del Teatre Nu e na sede da Compañía Nacional de Danza en Matadero(CND). Coa súa segunda peza estiveron de intercambio en Lisboa no teatromosca (Auditorio municipal António Silva) coa residencia Atopémonos bailando. E máis tarde nas Residencias LAC en Madrid en colaboración co CDN. Esta peza foi seleccionada no programa Da Man de Manu Lago e Lilian Portela, formando así parte do catálogo de distribución da distribuidora Amarelo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O tempo que se escapa e a infancia que deixamos atrás. Qué sucede cando o noso neno interior permanece con nós e en que medida o controlamos. Podemos ser nenos para sempre? Cando deixamos de selo? Unha obra sobre o xogo no seu estado de máxima pureza e sobre o adulto que esqueceuse de que algunha vez atrás tamén xogou.

  • Caché con IVE : 1650.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2750.0 €

  • Técnica