#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ASSIRCÓPATAS: AS ALMOFADAS SOÑADORAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL. +3

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/As%20almofadas%20so%C3%B1adoras/

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía AsSircópatas leva dende o ano 2003 medrando sen presa e sen pausa utilizando a rúa e o circo como ferramentas imprescindibles de traballo. O seu fundador, Dani Blanco, é pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. Nestes 20 anos de traxectoria con AsSircópatas creou 8 espectáculos grazas aos cales xirou en máis de 15 países. Fundador da compañía Muu, tamén de circo, crea no ano 2019 o espectáculo Crunch!. Adentrase noutros campos coma a improvisación coa que impartir clases durante varios anos e actúa nas montaxes do CDG e participa en festivais internacionais. No ano 2022 crea espectáculos infantís de narración coma “Historias desde o outro lado da raia” ou “O Peirao” coa compañía Diáspora Teatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha historia de AsSircópatas sobre o poder dos soños e a liberdade. No reino de Ceópole, o malvado rei Amarradismundo adícase a escribir leis terribles cunha pluma de corvo. Leis que prohiben as festas de aniversario, o recreo ou os domingos. Ata escribiu unha lei que prohibe o salouco! Amarradismundo sorpréndese de non ter o cariño do pobo. Por que será que non o queren? Porque soñan, di o militar. O rei decide entón acabar cos soños. E encarga unhas almofadas que, coa súa maxia, enchen as noites de pesadelos. Non sabe que está a punto de desatar unha revolución. Porque vivir sen soñar... acaso merece a pena?

  • Caché con IVE : 1355.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1355.0 €

  • Técnica