#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A Xanela do Maxín: Supercoroza, na eira e na lareira

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Dende os 3 anos

  • Duración do espectaculo: 45 minutos

  • Persoa representante : A Xanela do Maxín

  • Datos de contacto : 635 364 587 - info@axaneladomaxin.com

  • Páxina web do grupo : https://axaneladomaxin.com/espectaculos/supercoroza-na-eira-e-na-lareira/

  • Sinopsis da compañia :

    A XANELA DO MAXÍN É UNHA COMPAÑÍA PROFESIONAL DE TEATRO DE OBXECTOS, MONICREQUES E FORMAS ANIMADAS QUE COMEZA A SÚA ANDADURA NO ANO 2007 E NA ACTUALIDADE CONTA XA CON MÁIS 30 ESPECTÁCULOS PRODUCIDOS. PARTICIPAMOS ASÍ MESMO, DOS SEGUINTES CIRCUÍTOS: REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS, REDE GALEGA DE SALAS, REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, REDE DE AUDITORIOS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE, LER CONTA MOITO, CIRCUÍTO DE CIUDADISTRITO (MADRID), ENTRE OUTROS NO 2020 PRODUCIU E REALIZAMOS O AUDIOVISUAL “OS TOUPICONSELLOS” PARA O FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS DA XUNTA E NO 2021,“TOUPICIENCIA”. NO 2018 PUBLICASE A OBRA “ULA LÚA?”, NO 2019 "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO" E “PASANDO A BÓLA”, NO 2020 “A VIAXE DE SAIRA” E NO 2022 “O LIBRO DA TOUPICIENCIA” E "LÚA QUERE VIAXAR A... MARTE!", CO SELO GUINDASTRE EDICIÓNS, CON ARREDOR DE 5.000 EXEMPLARES VENDIDOS.

  • Sinopsis do espectaculo:

    SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo. Os contos e as cancións en Galicia servían para transmitir o calendario agrícola e os mitos dunha xeración a outra e o galego foi o seu vehículo de transmisión. A importancia da lingua nesta transmisión resulta fundamental dado que hoxe sabemos que as distintas linguas permiten costruír mentes distintas, polo tanto, a idiosincrasia das persoas que viven en Galicia e a súa tradición oral non sería o mesmo se non fora en galego, por iso tamén a necesidade de falalo e protexelo. Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.

  • Caché con IVE : 500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 500.0 €

  • Técnica