#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LALÁ TEATRO: "EU QUERO SER..."

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: A PARTIR DOS 3 ANOS

  • Duración do espectaculo: 50 MINUTOS

  • Persoa representante : NOELIA PORTO DOMÍNGUEZ

  • Datos de contacto : 648 751 288 - noeporto@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1AdFB2UFybLAEeA3d0AbcqQwWDb7G-gNJ/view?usp=drive_link

  • Sinopsis da compañia :

    Lalá Teatro é unha compañía creada no 2024 por Noelia Porto. Inda que é unha compañía recente, realmente levo arredor de 5 anos realizando diferentes espectáculos por toda Galicia. No 2019 remato os meus estudos de Arte Dramática na ESAD de Galicia e desde aquel momento póñome a crear diferentes espectáculos que realizo a través doutra empresa. Ademais de actriz tamén son cantante profesional e toco nunha banda popular galega, recursos que sempre engado nos espectáculos. A nosa proposta artística son espectáculos infantís moi interactivos nos que o público sempre é a peza clave, por iso é partícipe en todo momento. Entran a formar parte do espectáculo xa sexa cantando unha canción; facendo palmas; creando un conto ou facendo diferentes xogos, todo isto mentres se lles conta unha historia. Á hora da creación e composición dos espectáculos tentamos adaptarnos a diferentes idades. Buscamos achegar valores e diferentes ensinanzas de maneira lúdica e entretida ós máis cativos, ademais de poder ensinarlles a nosa cultura e tratar temas da actualidade. Todo isto lográmolo a través da interpretación teatral; a música; os contos, lendas ou mesmo historias creadas por nos mesmos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Lúa é unha rapaza moi soñadora que está en busca da súa chispa, da súa paixón. Iremos percorrendo diferentes profesións mediante xogos, contos e cancións que nos farán descubrir que todos temos algo que nos apaixona e nos fai brillar. Lúa non sabe si será campioa de carreiras de motos como Mamá ou será cociñeira como Papá?, Quizás sexa futbolista ou artista. O que si que sabe Lúa e que non hai traballo bo ou malo, nin xénero no traballo, solamente hai traballos que nos ensinan a ser mellores, que nos fan disfrutar e que nos fan brillar. Teremos que acompañar a Lúa nesta viaxe para descubrir a súa chispa, igual ata descobres a túa. E ti, que queres ser?

  • Caché con IVE : 350.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 350.0 €

  • Técnica