#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Luis Vallecillo: Cantamos con Rosalia!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar-Infantil

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : Luis Vallecillo González

  • Datos de contacto : 606 647 213 - info@luisvallecillo.gal

  • Páxina web do grupo : https://www.luisvallecillo.gal/espectaculos/cantamos-con-rosalia/

  • Sinopsis da compañia :

    Luis Vallecillo González, con máis de 15 anos de experiencia é compositor, músico, cantante, actor e titiriteiro, así como Técnico en Animación Sociocultural, comeza no 2007 a su andaina en solitario neste proxecto, tendo creados os seguintes espectáculos: O Bigote de Mimí (2016) O Mundo de Carliños (2017) Cantamos? (2018) Cantares das Letras (2019) A Igualdade non ten Idade (2022) Cantamos con Rosalía! (2023) Neofalante (2024) Magic & Music (2025) E autor e produtor de catro pezas para Títeres “Na Busca da Arte”, “A Caixa de Nuk” “O Murmurio do Mar” e “Só Lles Falta Falar”, así como coautor e produtor doutras tres “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuitos profesionais de Galicia e aos que asistiu a diferentes festivais tales como: Juglares (Córdoba-Arxentina),  Titirisanse (Madrid), Galicreques (Santiago), UNIMA CYL (Soria), Titirideza (Lalín), Salta (Arxentina), entre outros. Por outra banda produciu á vez que distribúe e interpreta os contacontos con monicreques “Os Libros do Titiritero” e “Titeremusicontos”, sendo neste último o compositor e interprete da música que se representa en directo, ó igual que en “O Murmurio do Mar”

  • Sinopsis do espectaculo:

    Nesta ocasión Luís quere compartir con tod@s vos como chegou a Galicia dende a súa Madrid natal, na busqueda das orixenes da primeira muller que publicou un libro na historia, Rosalía de Castro. E tamén quere contarvos como nesta busqueda descubriu e aprendeu a escribilo máis a falalo… Grazas a autores como Manuel Maria, Pilar Garcia Negro, Carlos Casares, Maria Eugenia Moreno, entre outr@s… Tod@s eles inpirad@s por esta gran muller que foi quen de superar moitas adversidades, sengo un refente na igualdade de xénero e que grazas a súa valentia e amor pola súa terra realizou cambios importantes na sociedade da sua época … Ela viviu namorada dunha linguaxe máxica, “O Galego”, o idioma dos rios, dos montes e máis dos regatos pequenos……no cal falan as meigas, as fadas e os trasgos. Unha viaxe vital no que compartiremos o camiño con moita música, xogos, bailes, máxia e moita diversión…..

  • Caché con IVE : 790.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 790.0 €

  • Técnica