#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

INVENTI TEATRO: CHEGAR E ENCHER

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 60min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Chegar%20e%20encher/

  • Sinopsis da compañia :

    Inventi teatro son Bea Campos e Marcos Alonso, un dúo teatral cómico que comeza aventura no ano 2017 xunto co actor Paulo Medal. A súa ópera prima "A tropa do doutor Milagre" supón un grande éxito para a compañía acadando máis de 100 representacións en toda Galicia, con presencia en espazos como o Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela, a MIT de Ribadavia, ou Itineranta en Pontevedra. En 2020 a compañía bota a andar o seu espectáculo "A gran viaxe”, en 2023 estrean "As palabras perdidas" e, en 2024, “A libraría máxica”. Inventi teatro é unha delirante compañía teatral e de clown que imaxina e constrúe espectáculos de rúa para toda a familia, baseados no humor e no movemento e onde o risco e a diversión están garantidos. Bea Campos é actriz, narradora e presentadora. Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes escénicas en Latinoamérica. Ademais de formar parte de Inventi Teatro é parte da compañía “Migallas Teatro” con diferentes espectáculos para público dende os 6 meses ata os 100 anos. En 2022 estrea o espectáculo de narración oral para adultas ‘Marcho que teño que marchar’ programado no Festival Cabaret da Cidade de México en 2023. En 2024 estrea ‘Chegar e encher’.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “Chegar e encher” é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral de Bea Campos onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré. Pasen e vexan… Esta muller que está no escenario era unha nena adorable. Unha pequena que alegraba ás veciñas coa súa ledicia. Tiña todo o que precisaba para ser feliz, segundo lle dixo a súa mestra de primaria... Hoxe, aos corenta anos, esta muller debería estar tranquila, incluso aburrida. Coa serenidade dunha vida que non depara moitas sorpresas... O caso é que nalgún momento esa moza tomou decisións que a afastaron do camiño e a levaron sobre as táboas deste escenario. “Chegar e encher” propón unha reflexión ácida e divertida sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.

  • Caché con IVE : 1070.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1775.0 €

  • Técnica