
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
AURORA ARTES ESCÉNICAS e MAMÁ CABRA: BOSQUE
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: INFANTIL
Duración do espectaculo: 45min
Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA
Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net
Páxina web do grupo : https://urdime.gal/familiar/Aurora%20Artes%20Esc%C3%A9nicas/
Sinopsis da compañia :
Aurora Artes Escénicas está formada por Alma Sarasola e Laura Sarasola. Maruxiña é o seu primeiro espectáculo. Alma Sarasola é trompista e profesora de trompa, de música de cámara e de música e movemento no Conservatorio de Música de Carballo dende 2018 e membro fundadora de dous grupos (CatroCores e InVento). Comezou os estudos de trompa no Conservatorio Superior de Mu´sica de A Corun~a e finalizounos na Escola Superior de Mu´sica de Catalunya no 2013. Laura Sarasola e´ actriz, diplomada como mestra de educacio´n primaria e co-directora de Caramuxo Teatro. Desde os inicios do seu traballo profesional como actriz no ano 2002 compaxinou a actividade interpretativa coa de mestra de interpretacio´n a nenos e adultos. Actualmente é docente na Escola de Interpretacio´n de Naro´n. Estivo becada pola Deputacio´n da Corun~a para formarse da man de Juan Pastor no centro de interpretacio´n “Guindalera Escena Abierta” de Madrid, despois de estudar durante 5 anos con de Lino Braxe e Flor Maceiras . Nesta ocasión Aurora Artes Escénicas xúntase con Mamá Cabra, o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil que este ano cumpre 25 anos de traxectoria! A súa historia remóntase ao ano 2000, e partiu primeiramente de facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria Mosquera, principal fundadora do grupo. A primeira canción naceu na biblioteca do colexio no que estaba Gloria, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez que está no libro “Rimas con letra”. O seu primeiro disco é Cantos Rodados, de dez temas que se baseaban en poemas de autores como Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández e Gloria Sánchez. Moi pouco tempo despois acaban subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical. Na actualidade contan xa cun puñado de libros e discos editados coa editorial Galaxia, entre outros: Ola, Ola, la, Cartas que veñen e van, Estación Nadal, A bruxa Discordia, e máis recentemente A fraga do meu avó, un libro sobre o amor pola natureza e polos animais.
Sinopsis do espectaculo:
Bosque é un espectáculo musical no que a natureza ofrece un concerto. Unha fábula na que os animais e as plantas dun recuncho da terra expresan a sabedoría ancestral a través do seu día a día. Música e teatro para reivindicar a necesidade de coidar ese pequenos lugares naturais que cada un ten ao seu lado. Un espectáculo de Mamá Cabra e Aurora Artes Escénicas.
Caché con IVE : 2900.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 2900.0 €