#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TROPA DE TRAPO: 4 monos

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: intantil e familiar

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : CHARLATANA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : https://www.dropbox.com/scl/fi/zqvdqgrdkrei5rona8our/DOSSIER-4-MONOS.pdf?rlkey=gj1tfgakxl60v4zstr6ldmcfd&e=1&dl=0

  • Sinopsis da compañia :

    Tropa de Trapo son Marta Ortiz e Brais das Hortas. Marta é narradora oral e creadora de espectáculos. Brais das Hortas é músico, clown e narrador oral. Ambos fundan a compañía Tropa de Trapo coa que levan actuando dende fai máis dunha década.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo: os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor. Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba. Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar... e van ser catro! Catro monos, catro historias. A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que non era un, senón dous... e non se levaban moi ben. O conto do monstro da Amazonía que destruía a selva e aterrorizaba aos demais animais. A historia de catro mulleres que vivían nunha aldea e que conseguiron evitar que lles roubaran o seu peixe cantando e regueifando. E por último, a tola historia dun mono que quixo pintar as nubes cun “spray” para que non houbese máis tormentas... e, sen querer, cambiou a vida do resto dos monos. Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

  • Caché con IVE : 968.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 968.0 €

  • Técnica