#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

FURIA SOTELO: Sobre o extravío ou a arte de perderse

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Vicente Conde

  • Datos de contacto : 671 839 687 - furiasotelocia@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/drive/u/0/folders/1RDplicSxrdO3MG3sQR_KJfgKrepsVamk

  • Sinopsis da compañia :

    Licenciada Sotelo aparece en 2010 coa presentación de Nuria dirixida por Ana Vallés: "Métanse nos seus asuntos". A partir dese momento Licenciada Sotelo, co corpo e o movemento como centro, camiña en busca dunha linguaxe escénico ecléctica e multidisciplinar. Produce diversas pezas que viran en Redes de Teatros Autonómicas e festivais nacionais e internacionais: 2010 Métanse nos seus asuntos 2011 Desmemoriada 2012 Estado de gracia 2014 Silencio por favor 2016 Ensaio amor 2017 Incerteza 2019 A Gala 2019 Rosa 2020 Quen canta seu mal espanta 2021 Entre 2022 Mortais e vulnerables 2023 Vestirme de ti 2024 Sobre o extravío ou arte de perderse A obra "Ensaio amor" foi premiada na 30 edición do Certame Coreográfico de Madrid. Co seu penúltimo espectáculo de sala "Mortais e vulnerables" a Licenciada Sotelo dá paso a Furia Sotelo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un só de danza-teatro sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse. Sobre o extravío ou a arte de perderse convídanos a compartir a viaxe a través do espazo interior e exterior dunha muller. Como espectadores e cómplices do seu modo de construír(se), habitar, perderse e chegar a lugares inesperados. Lugares onde o movemento, o texto, o espazo sonoro, o corpo e os obxectos combínanse captando sen esforzo a atención do espectador, mergullándoo nun tempo suspendido e evocador no que algo pode aparecer: unha sorpresa, unha pregunta, unha resposta quizais... Un só que nos convida a compartir a viaxe a través do espazo interior e exterior dunha muller. Como espectadores e complices do seu xeito de construir(se), habitar, extraviarse e chegar a lugares non previstos. Unha peza xenerosa onde o movemento, o texto, o espazo sonoro, o corpo e os obxectos conxúganse para facernos partícipes da construcción dun lugar, un lugar para quedarse, construcción de camiños que non hai que seguir incondicionalmente, da beleza do calar, do que permanece oculto. Sobre o extravío ou a arte de perderse bríndanos a oportunidade de abandoar a ollada periférica e dispersa á que estamos tan afeitos hoxe en día, para centrarnos en descubrir a sorpresa contínua agochada no noso interior, nos obxectos e as accións cotiás. Un espectáculo que capta a atención do espectador sen esforzo, sumerxindoo nun tempo suspendido e evocador no que algo pode aparecer: unha sorpresa, unha pregunta, unha resposta quizais… Este traballo é parte dun percorrido profesional compartido que comeza en 2009 e inclúe traballos de dirección de Ana para a compañía de Nuria, Furia Sotelo, e traballos de Nuria como intérprete para a compañía de Ana, Matarile, así como colaboracións compartindo escena para Festivais tales como Festival de Poesía Respira e para o Festival Escenas do Cambio. “Unha proposta íntima, plástica, para ver sen présas e deterse nos detalles de cada movemento e acción, en cada coreografía da luz” Ana Abad de Larriva: MITCFC “Esta proposta convida a perderse na contemplación do espazo e do que vai máis alá do espazo: aquel lugar que, nas sombras, favorece o extravío dos camiños coñecidos.” Iván Fernández: Revista Galega de Teatro “Nuria Sotelo e Ana Vallés crearon un espazo de beleza e reflexión delicado e moi equilibrado, nunha poética (xeito e estilo de facer escénicos) que vén de lonxe. Toda a peza é un goce contemplativo que estimula o noso pensamento. “ Afonso Becerra Un só de danza sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse. Como comezar? Como comezar despois de dicir que quizais chegou o momento de calar? Comézase polo lugar. Se o lugar é caminable, se favorece o tránsito, chegará un momento en que o camiñante deambule, detéñase, despístese e con sorte extravíese e chegue onde non previra.

  • Caché con IVE : 2420.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3509.0 €

  • Técnica