#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CRIS DE CALDAS: A AVOA MARIÑA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: PRIMEIRA INFANCIA

  • Duración do espectaculo: 40min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Contos%20para%20a%20primeira%20infancia/

  • Sinopsis da compañia :

    Cris de Caldas naceu entre os contos que lle contaba a súa avoa Carmela para que comera, para que non comera tanto, para que deixara de gabear polas árbores, para que levantara o cú, para que falara, para que calara... Deste xeito, aprendeu que había un conto para cada ocasión. Tanto conto arrolouna que quixo saber máis deles, polo que non lle quedou outra que estudar filoloxía pero iso non foi suficiente. Ela quería vivir entre contos, así que logo preparouse para ser bibliotecaria. E aínda que é un traballo moi creativo e divertido, ás veces sinte que os contos queren saír dos andeis e eu lévaos con ela para que os escoite quen sabe facelo. Outras veces, prefire conversar con quen máis sabe e levar un anaco da nosa tradición no seu contar. Na actualidade, conta para todo tipo de públicos, para quen non ten nin un ano e para que pasa dos cen. Só se precisa orellas, para escoitar, corazón, para deixarse emocionar e boca para sorrir. Propostas de narración oral, monicreques e música para a primaira infancia, para público infantil e familiar e para público adulto.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Parece unha día calquera pero por primeira vez o bebé ten que separarse da súa mamá. Queda ao coidado da avoa Mariña quen, entre contos e xogos, vai acompañando o paso do día. Chega á noite e o bebé precisa un arrolo para durmir. Lembrará algún a avoa Mariña? Unha proposta de narración oral e música para a primeira infancia de Cris de Caldas e Xabi do Camiño.

  • Caché con IVE : 660.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 990.0 €

  • Técnica