
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
PRODUCIÓNS ARTÍSTICAS ÍTACA S.L. (ÍTACA TEATRO): INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: MOZO E ADULTO
Duración do espectaculo: 65 minutos
Persoa representante :
Datos de contacto : 670 875 211 - delirioaduoteatro@gmail.com
Páxina web do grupo : https://www.itacateatro.com/instrucions-para-tomar-cafe/
Sinopsis da compañia :
ÍTACA TEATRO presentouse como compañía independente coa montaxe “Cinco Minutos sen respirar”, dirixida por Carlos Neira. Esta proposta é unha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, coa que percorreron as catro provincias galegas e chegaron a poñela en escena tamén fora de Galicia. Co segundo traballo “Anacos”, acadan críticas como a seguinte: “O seu espectáculo foi un monólogo fluído e case todo moi intimista que engancha ó espectador dende o primeiro momento.” A versión en castelán foi seleccionada polo Seminario de Literatura Infantil y Juvenil de Guadalajara, para formar parte do XXXI Maratón de los Cuentos de Guadalajara e tamén estivo presente na Feria del Libro de Buenos Aires 2023. Para o seguinte espectáculo, Ítaca Teatro apostou por dar un paso máis na experimentación con códigos contemporáneos e embarcouse nunha creación colectiva, cunha dramaturxia propia realizada por Ana Carreira e José Campanari, baseada no traballo de narrador e de improvisación de Carlos Rebolo. “Formigas no peto”, mestura narración oral con teatro de imaxes e teatro de intérprete. En “Alma de grilo”, aparece a música en directo de Vadim Yukhnevich nun espectáculo concibido para ser presentado en espazos non convencionais e singulares. Unha proposta que conforma unha fábula contemporánea sobre a comlpexa condición humana. A última estrea da compañía, ata de agora, é “Instrucións para tomar café”, un espectáculo de narración oral baseado no libro homónimo de Manuel Núñez Singala, que se estreou no FIOT de Carballo 2024. O seu próximo traballo será unha coprodución co CDG (Centro Dramático Galego) titulada “Profetas”, texto de Ernesto Is gañador do 16º Premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia en 2021 e que estará dirixido por Carlos Alvarez-Ossorio. A estrea terá lugar no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o vindeiro mes de abril.
Sinopsis do espectaculo:
Carlos Rebolo, contador de historias, artella este novo espectáculo a partires de relatos do libro “Instrucións para tomar café” de Manuel Núñez Singala, editado por Galaxia. Baixo o título homónimo, este espectáculo de narración oral reúne unha escolma de historias que falan de nós como seres humanos imperfectos. En “Instrucións para tomar café” conviven a bondade coa mesquindade, o éxito co fracaso, o fortuito co intencionado, o real co imaxinado, nunha serie de retratos debuxados con humor e retranca.
Caché con IVE : 484.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 484.0 €