#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO GHAZAFELHOS: H2..Oh!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR. +6 ANOS

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/H2%E2%80%A6Oh!/

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro Ghazafelhos é unha compañía de Narón especializada en traballo de actor e clown que este 2025 cumpre 20 anos de traxectoria. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas, unha compañía consolidada que nos sorprende con cada unha das súas producións, un total de 29 a día de hoxe, mesturando xéneros e falándonos de temas variados e mundos cheos de maxia. No seu repertorio destacan obras como Ninja, Frankenstein, Nana para un Soldado, Bon Appetit, Irinha Bailariña e un longo etcétera. Pepablo Patinho e Montse Piñón son tamén os actores protagonistas do musical de Magín Blanco A nena e o grilo nun barquiño. Nos últimos tempos destacan montaxes como Rubicundo, baseado no libro homónimo de María Canosa, que recibiu o Premio do Público Infantil 2021 da Mostra de Teatro de Cariño. O humor incomparable dos Ghazafelhos fai desta compañía unha das preferidas polas familias.

  • Sinopsis do espectaculo:

    H2..Oh! é un laboratorio científico teatralizado; unha proposta chea de curiosidades científicas e humor dirixida a todos os público. Baseada no libro homónimo de María Canosa gañador do Premio Follas Novas 2021 á mellor publicación de divulgación, H2...Oh! está protagonizada pola propia autora en calidade de divulgadora científica e o matrimonio Curie (Teatro Ghazafelhos). Entre as tres protagonistas achegarán información científica singular como, por exemplo, que os paxaros foron os inventores dos cascos ou porque o número Pi non remate nunca. Coa inestimable axuda do público realizaranse experimentos científicos que axudarán a levar, finalmente, a teoría á práctica. Con esta proposta, Teatro Ghazafelhos contribúe a normalización social do galego no ámbito da cultura e do lecer, así como no da ciencia e dos estudos académicos. É así como combate o prexuízo de que é unha lingua relegada a usos non profesionais ou informais. A través dos distintas escenas da obra, e sempre utilizando o humor e a imprescindible participación do público, H2... Oh! visibiliza o galego como un idioma rico e diverso, tanto para a expresión en espazos de lecer como para o pensamento e a investigación. O guión da peza está orientado a favorecer a vivencia positiva do galego entre as persoas do público e a incrementar o seu uso e prestixio entre a infancia e as familias asistentes. A presencia da escritora María Canosa como unha das protagonistas do espectáculo contribúe tamén a visibilizar que ademais de para escribir, o galego é unha lingua útil e rica para expresarse e relacionarse.

  • Caché con IVE : 1350.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1350.0 €

  • Técnica