
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
MIGALLAS TEATRO: PEGADAS DE CASTELAO
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Infantil e familiar
Duración do espectaculo: 60 minutos
Persoa representante : MIGALLAS TEATRO, S.L.
Datos de contacto : 618 813 071 - migallas@migallas.gal
Páxina web do grupo : https://migallas.gal/pegadas-de-castelao/
Sinopsis da compañia :
Migallas Teatro realizou desde a súa fundación no ano 1992 máis de 1700 representacións de máis dunha trintena de espectáculos diferentes creados pola propia compañía. Alén disto, coordinou a creación de máis de medio cento de montaxes teatrais con rapaces e rapazas de entre 7 e 18 anos. Gravou os discos “Pan de millo” , “¡Canta connosco!”, “Zaragallada”, e editou o libro “Un avó especial”. Ademais da montaxe de espectáculos teatrais e de contacontos leva a cabo talleres de expresión dramática, plástica e musical a través de concellos, asociacións e colexios de diversos municipios como Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Tomiño etc. Na cidade de Pontevedra coordinou desde o ano 1998 ata o ano 2020 os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical “Á procura do tesouro” que organizaba cada ano o Concello de Pontevedra e polo que pasaron máis de 3000 rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos. Na actualidade, desenvolve nesta mesma cidade 4 obradoiros denominados ARTEXOGA, que teñen como finalidade crear un espazo de socialización en galego para os 80 nenos e nenas participantes. Por outra banda, nos anos 2002 e 2003 creou e puxo en escena o espectáculo da Cerimonia de Apertura da Feira Franca de Pontevedra e no ano 2004, o espectáculo ao aire libre Os Irmandiños no que participaron 40 persoas. Tamén realiza visitas culturais teatralizadas no Museo de Pontevedra e polo Centro Histórico de Pontevedra coa creación de varios espectáculos: “A Boa Vila dende o Camiño Xacobeo” e “Paseo máxico pola Boa Vila”. Coordina desde 2008 a páxina Orella pendella http://orellapendella.gal/ e no ano 2021 realizou 25 programas da serie audiovisual Brincadeiras da lingua, para fomentar a práctica da lingua mediante os ditos infantís tradicionais. Para máis información, consultar: https://migallas.gal/
Sinopsis do espectaculo:
“Pegadas de Castelao” é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida. Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta, de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos de Castelao, teatro de actor, pantomima, cantar de cego etc., todo acompañado por música en directo e cantigas populares vinculadas á súa vida e obra. Tal como o seu nome indica, “Pegadas de Castelao” tenta amosar as profundas pegadas que deixou Castelao na historia e na cultura de Galicia así como avivar o interese por afondar no coñecemento da súa vida, da súa obra e do seu pensamento.
Caché con IVE : 1000.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 1190.0 €