#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Danthea Teatro + K'paparota Teatro: Inverno na lavandería

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: a partir de 3 anos

  • Duración do espectaculo: 40 minutos

  • Persoa representante : Cultura Activa

  • Datos de contacto : 660 557 824 - patricamean@gmail.com

  • Páxina web do grupo : instagram @kpaparota_teatro

  • Sinopsis da compañia :

    “K’paparota e Danthea Teatro únense para crear espectáculos pensados dirixidos a público infantil e familiar. Mesturan estilos como teatro de obxectos, títeres, clown e unha poética cercana, contando historias cheas de sensibilidade. Inspirados pola pedagoxía verde, apostan por transmitir valores de respecto á natureza e ao medio ambiente. Para eles, o teatro é un espazo para vencellarse, soñar e imaxinar un mundo mellor.”

  • Sinopsis do espectaculo:

    O frío do inverno chegou á pequena Lavandería da cidade onde o silencio borboriña segredos e o tambor da lavadora parece conter mundos enteiros. Unha nena intrépida e soñadora inicia un xogo máxico. Que sucederá se mete o abrigo a lavar? Entre risos e pompas de xabón flotando no aire, atopa unha caixa esquecida que garda unha historia especial, desas que se tecen coma un calcetín infinito, desas nas que se descobren os verdadeiros anhelos. Inverno na Lavandería é un relato poético, unha viaxe sensorial entre o cotiá e a fantasía, onde o frío do inverno abriga os corazóns e as historias se entrelazan con cada prenda.

  • Caché con IVE : 1573.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1573.0 €

  • Técnica