
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
TALÍA TEATRO: A PARÁBOLA DO ANGAZO
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: xuvenil, adultos
Duración do espectaculo: 60 minutos
Persoa representante :
Datos de contacto : 630 877 153 - info@taliateatro.gal
Páxina web do grupo : https://taliateatro.gal/gl/espectaculos/parabola-do-angazo
Sinopsis da compañia :
Talía Teatro é unha compañía creada en 1988 cun selo propio e orixinal. Os nosos espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro. Hoxe, témonos consolidado como unha das compañías galegas de con máis capacidade de produción e distribución. Desde os nosos inicios, perseguimos a dignificación do teatro e das artes escénicas como transmisores dos valores culturais do país. Vimos de recibir sete galardóns nos Premios María Casares co espectáculo UNHA INIMIGA DO POBO.
Sinopsis do espectaculo:
No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar. E entre todas elas está a nosa, a galega. Con A parábola do angazo queremos sacar a lingua a pacer. Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro. Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala ben fóra e demostrar que aínda ten moito que dicir.
Caché con IVE : 1990.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 1990.0 €