#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Ay, Cariño!: WTF!

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os publicos

  • Duración do espectaculo: 15m

  • Persoa representante : Amarelo. distribucion

  • Datos de contacto : 346 101 06 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : www.aycarinho.com

  • Sinopsis da compañia :

    Ay, Cariño! é unha compañía de nova creación de orixe galega que dende 2023 abriga o traballo creativo conxunto dxs creadorxs Cris Vilariño e Diego M. Buceta tras unha ampla traxectoria individual. As primeiras creacións da compañía estreadas en 2024 son Millo Vello (espectáculo para teatros e auditorios coproducido polo Centro Coreográfico Galego) e WTF! (espectáculo de rúa e para espazos non convencionais). Cris Vilariño é Licenciada en Xornalismo e diplomada en danza contemporánea. Leva a cabo diversos proxectos relacionados coa danza, as artes do movemento e a relación do baile e a saúde. Creadora e cocreadora de numerosos proxectos escénicos ( Liminal, Cyan, A Gala, Mano Dura, Pindo, Oda Marítima, Lestrigones…) traballou tamén como intérprete para outros creadores como Pálido Domingo (CDG), Sharon Fridman, Yuko Waguri ou Licenciada Sotelo. Compaxina a súa labor artística coa súa carreira pedagóxica, impartindo formacións intensivas de body weather, laboratorios de movemento, improvisación e conciencia corporal para bailaríns e público xeral. Puxo en marcha diferentes proxectos de programación e mediación cultural co propósito de achegar a danza á vida cotiá como o Festival Cartografa en movemento, xunto ao colectivo 3monas e o Ciclo Lugo en Danza entre outros, defendendo firmemente a importancia do baile e o movemento para a saúde e a cohesión social. Diego M. Buceta traballa como intérprete para compañías e creadorxs como Aitana Cordero (Los Besos, Santander, 2023), Roberta Ferrara (Nostos, Italia, 2022), Lucía Marote (El ojo del huracán, Madrid, 2021), A Friend in the Orchid Room Company (Study about repetition and efforts, Bélxica/ Italia, 2021), Voadora (A amnesia de Clío, Galicia, 2020), La Coja Dansa (Lloc Joc Xoc, Valencia, 2019) e Sharon Fridman (Nido/Rizoma, Holanda, 2016) entre outrxs. No eido da creación, firma varios proxectos xunto á compañía Pálido Domingo: Serva me, servabo te (produción propia do Centro Dramático Galego 2021), Pentecostés (2020) e Non hai que ser unha casa para ter pantasmas (premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid 2018 e segundo premio no certame DanzaXtrema 2019). En solitario, estrea en 2018 o espectáculo As vacacións máis longas, premio á mellor interpretación no Certame M2/ Festival FIOT 2018.

  • Sinopsis do espectaculo:

    WTF! é unha fuxida cara diante, o correr pavoroso de dúas criaturas chegadas á Terra dende un planeta lonxano e estrano. Ou simplemente diferente. É unha explosión. É un carnaval. É un disparate. É unha expresión de shock convertida nun absurdo de ritmo frenético. Unha mestura de xogo e movemento que dende a cor e o brillo cristaliza unha idea sinistra tras a néboa da festa: por que corren estas dúas criaturas? Que ven que lles fai fuxir sen pausa cara diante? Que lles aterra tanto? Quizais non lles gusta o que ven aquí abaixo. Ou quizais esas criaturas chegadas doutra galaxia somos todxs nós reflectidxs nun espello inesperado. Correndo ata quedar sen alento para chegar a non sabemos onde.

  • Caché con IVE : 1300.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1430.0 €

  • Técnica