#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PEDRAS DE CARTÓN: MOBY DICK

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR. +4 ANOS

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Moby%20Dick/

  • Sinopsis da compañia :

    Pedras de cartón nace en 2019 na Coruña coa intención de adaptar os clásicos da literatura. Crean propostas para toda a familia cunha clara aposta por explorar novas linguaxes e estéticas co obxectivo de promover o gusto das máis pequenas polas novelas clásicas. A compañía conta con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Moby Dick é unha proposta de teatro de rúa adaptable a sala para público familiar a partir de 4 anos. Un espectáculo de Pedras de cartón creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo titiriterio Iker Pérez. Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun baleiro no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.

  • Caché con IVE : 1100.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1100.0 €

  • Técnica