#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO DO NOROESTE: ÚLTIMO VERÁN EN SANTA CRISTINA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 90 MINUTOS APROX.

  • Persoa representante : TEATRO DO NOROESTE, S.L.

  • Datos de contacto : 633 909 484 - distribucion@teatrodonoroeste.com

  • Páxina web do grupo : https://www.teatrodonoroeste.com/utimo-veran-en-santa-cristina

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro do Noroeste é unha compañía creada por Luma Gómez e Eduardo Alonso, profesionais cunha dilatada experiencia teatral, que comezou a súa actividade no ano 1987. En todos estes anos produciu montaxes de textos clásicos como Medea, de Eurípides, Rei Lear, Macbeth, Noite de Reis e Romeu e Xulieta, de William Shakespeare; e de autores contemporáneos, básicamente galegos, como Unha Rosa é unha Rosa, de Suso de Toro, A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, Campo Sur, de Lino Braxe ou o musical Glass City (Cidade de Cristal) de Eduardo Alonso e tamén textos como Confesión ou Linda and Freddy, ilusionistas, de Eduardo Alonso. Tamén realizou montaxes de textos infantís como Piratas, de Eduardo Alonso ou Touporroutou da Lúa e do Sol, de Roberto Vidal Bolaño. Unha das súas produccións foi o musical Imperial Café Cantante, Vigo 1936, de EduardoAlonso, que recibiría os Premios Casares ao Mellor Texto, Mellor Escenografía, Mellor Vestiario, Mellor Música e Mellor Iluminación. E as súas montaxes Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas) e Último Cowboy recibirían o Premio Max ao Mellor Espectáculo en Galego nos anos 2008 e 2011 respectivamente.

  • Sinopsis do espectaculo:

    As sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista. ÚLTIMO VERÁN EN SANTA CRISTINA, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea. Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960. Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva de aqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia.

  • Caché con IVE : 4700.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 5300.0 €

  • Técnica