#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Henriko: O Feiticeiro

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Simplemente Enricco

  • Datos de contacto : 676 825 230 - simplemente.enricco@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://henriko.es/gl/O-Feiticeiro

  • Sinopsis da compañia :

    Artista autodidacta, malabarista e equilibrista dende 1999. Fundador xunto ao seu irmán da compañía “The Jazzgling Brothers” en 2003 e membro da compañía “Trapecircus” en 2017. Dende 2019 ten o seu propio proxecto artístico en solitario, “Henriko”, con varios espectáculos en activo, todos eles deseñados para rúa e público familiar, e sempre co humor como pilar fundamental, encarnando personaxes cómicos e sarcásticos pero á vez respetuosos co público e mail@s voluntari@s.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Henriko é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo, ¿charlatán? que sente que realiza trucos increibels. Proezas que superan o entendemento humano. Pero en realidade é unha fraude de mago ao que mesmo os nenos lle cazan os trucos. Aínda así, sendo o único que segue crendo na súa maxia, ten a caradura de continuar có espectáculo como se todo estuviese a saír segundo o planeado. Pero trala aparencia deste desastroso feiticeriro agóchase un veterano malabarista que realizará arriscados xogos con coitelos e perigosos equilibrios. Nun intre dado do espectáculo, para sorpresa do público e do propio Henriko, comezarán aconteceder cousas inexplicabels na escena. O achegamento de enerxía por parte do público alcanzou tal intensidade que os feitizos, de repente, están funcionando. Henriko adquire poderes e da camiñado con éxito sobre o arame de funambulismo dando acadada unha especie de levitación mística.

  • Caché con IVE : 1028.5 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1028.5 €

  • Técnica