#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO Ó CUBO: GHOP!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR. +3 ANOS

  • Duración do espectaculo: 60min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Ghop!/

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro ó cubo é unha compañía de teatro formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal. A súa formación afonda nas diversas artes escénicas. Co teatro como eixo común pasando pola danza, o circo, os monicreques e a música, estes dous artistas conforman unha compañía orixinal e sorprendente na que combinan múltiples disciplinas. Dende 2016 levan producindo pezas teatrais para o público infantil e familiar. José luís Baños de Cos escribe a súa ópera prima O Faiado que Sofía, Roberto e Alfredo Pérez Muiño “Fredi” traducen ó teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”. No verán de 2018 estrean e xiran cunha segunda creación, Ghop!, un aclamado espectáculo de teatro cómico de rúa, co mago Noel Fandiño como parte do elenco. A través de outras creacións máis recentes como Nube nube sol, Teatro ó Cubo diríxese á primeira infancia e as súas familias. A súa última montaxe é a divertidísima De Vilatriste a Vilalegre, unha coprodución co Centro Dramático Galego no seu 40 aniversario onde os actores e os monicreques se fusionan.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ghop! é un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Un berro cheo de enerxía…GHOP! un berro cheo de ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.

  • Caché con IVE : 1560.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1560.0 €

  • Técnica